InicioCulturaLugoXornal, o espazo para a información da contorna de Lugo e O...

LugoXornal, o espazo para a información da contorna de Lugo e O Bierzo

O Día das Letras trae a Lugo o nacemento dun novo xornal dixital en galego para as comarcas do centro da provincia e o Bierzo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Día das Letras Galegas trae un gran presente para Lugo. Trátase de LugoXornal, o primeiro gran xornal dixital en galego da zona central da provincia de Lugo. Centrado na capital, abordará a actualidade política, económica, cultural, deportiva e social de todas as comarcas do centro da provincia. Prestará especial atención aos movementos sociais, ao medio ambiente e ao patrimonio, e tentará tamén dar voz aos pequenos concellos das comarcas da Fonsagrada, A Ulloa, Ancares, Meira e Terra Chá.

Amais, será o primeiro medio en internet desde a época do precursor Vieiros en informar en galego sobre o que acontece nas zonas galegofalantes do Bierzo, un espazo cultural, social e económico que sempre vencellado coa provincia de Lugo.

Por outra banda, este novo medio informará do resto da provincia grazas ás novas que lle achegarán os outros dous medios irmáns que tamén nacen neste Día das Letras Galegas: Xornal da Mariña, que informará sobre as comarcas do norte de Lugo e do Eo, e Xornal de Lemos, que informará da zona sur da provincia.

Asociación con outros medios

LugoXornal tamén estará asociado a GaliciaConfidencial, o principal medio dixital en galego e un dos máis importantes no panorama mediático de Galicia, que lle dará soporte informativo, comercial e técnico. Todos estes medios contan cun acordo para intercambiar información e publicidade.

Este novo medio de información conta cos xornalistas Óscar Bernárdez Pérez, na área de información política, cultural e social e de Millán Gómez Pérez, na área de Deportes. Tamén colaboran Ramón González Rey, Pilar Vázquez Prieto, Vanesa Gómez Lourido, Xurxo Salgado, Alberto Quián e Moncho Mariño.

Calquera cidadán ou entidade que precise informar e ter espazo neste xornal poderá escribir a redaccion@lugoxornal.com. Contamos coa participación de todos para devolver á axenda os asuntos das comarcas lucenses e o Bierzo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...