InicioSociedadeLugo dispara as súas hospitalizacións e mantén á alza os casos activos

Lugo dispara as súas hospitalizacións e mantén á alza os casos activos

10 persoas máis foron ingresadas na última xornada en unidades convencionais no hospital.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As persoas hospitalizadas pola Covid-19 en Galicia aumentan a 302, que supoñen 25 máis que a xornada anterior, mentres que os casos activos, a piques de concluír o mes de xullo, retardan o ascenso cun centenar máis e sitúanse en 18.885; mentres que os novos contaxios se manteñen por encima do milleiro en 1.193. Pola súa banda, a taxa de positividade repunta a un 11% en Galicia.

Segundo os datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do xoves, concretamente na área de Lugo a presión hospitalaria repunta ao rexistrárense 41 persoas ingresadas en unidades convencionais (dez máis ca o día anterior). Con. todo, reduce a tres os pacientes Covid en UCI –un menos–.

Así mesmo, os casos activos aumentan en 31 ata alcanzar o total de 2.212 infeccións detectadas na área lucense. No total de Galicia foron confirmados 1.223 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), que supoñen 110 máis que o día anterior, dos cales 289 corresponde á área de Vigo; 266, á da Coruña e Cee; 210, á de Pontevedra e O Salnés; 148, á de Lugo; 117, á de Santiago e Barbanza; 115, á de Ourense; e 78, á de Ferrol.

En canto á taxa de positividade das PCR, repuntou a un 11% tras caer a un 9,5% a xornada anterior, despois de manterse as dúas xornadas previas nun 13,4 por cento e iniciar esta semana cunha repunta a un 15 por cento. Así, Galicia segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que, ata fai tres semanas, non superaba desde o 15 de febreiro.

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...