InicioSociedadeA área de Lugo suma 17 novos casos de coronavirus

A área de Lugo suma 17 novos casos de coronavirus

Vinte persoas seguen ingresadas nos hospitais, seis delas na UCI do HULA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo sumou na última xornada 17 novos positivos de coronavirus, uns nove menos ca o día anterior. Ao tempo, redúcese o total de casos activos, aínda que moi lixeiramente: son 369 (-2).

Segundo datos ofrecidos polo Servizo Galego de Saúde este luns 21 de decembro, os hospitais da provincia manteñen vinte persoas ingresadas. Delas, o HULA atende seis na UCI e dez en planta; o da Mariña, tres; e o de Monforte, unha.

Por outra banda, o Sergas refire un total de 141 vítimas mortais dende o inicio da pandemia, pero neste cómputo non recolle os dous maiores usuarios de residencias que finaron en Santiago. Así pois, serían 143 falecementos nesta área sanitaria.

Ademais, ata o momento contabilízanse 6.286 persoas curadas e 118.424 PCR realizadas.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...

Carmela López e Miguel Fernández examinan as obras en Adolfo Suárez “acceso esencial para a intermodal”

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...