InicioSociedadeOs datos volven dispararse en Lugo: súmanse 107 contaxios e cinco hospitalizacións

Os datos volven dispararse en Lugo: súmanse 107 contaxios e cinco hospitalizacións

Os hospitais da área sanitaria xa atenden a máis de 50 pacientes, dos cales cinco permanecen na UCI do HULA. En Galicia xa se superan os 10.000 casos activos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 107 persoas foron diagnosticadas con coronavirus na área sanitaria de Lugo nas últimas 24 horas. Esta cifra supón un incremento importante no ritmo de novos casos confirmados por PCR na provincia, que xa alcanza a suma de 1.109 pacientes con infección activa. Tendo en conta as altas documentadas, son 60 casos activos máis ca no día de onte.

Así o reflicte a actualización diaria que ofrece a Consellería de Sanidade e en cuxo informe tamén se fai referencia a un aumento no número de hospitalizacións na área de Lugo: hai 53 persoas ingresadas —cinco máis—. Delas, o HULA atende 30 persoas en planta e outras 5 na UCI; o Hospital da Mariña mantense con 15; e o de Monforte, con 3.

No día de onte non se rexistrou ningún falecemento relacionado coa pandemia na provincia.

GALICIA, MÁIS DE 10.000 CASOS

En Galicia xa se superaron os 10.000 casos activos de Covid-19 despois de confirmarse por PCR nas últimas 24 horas outros 685 contaxios. Sobe tamén o número de pacientes ingresados —593, o que son 16 máis ca o xoves— e a cifra de persoas que son atendidas na UCI —85, con seis máis—. Ademais, no día de onte faleceron nove persoas, polo que a cifra de vítimas mortais ascende a 969.

ÚLTIMAS

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...

Rexeitamento da Deputación de Lugo á instalación da planta Altri en Palas

A Deputación de Lugo manifestou a súa oposición á planta de Altri no municipio...