InicioA UlloaLugo conta sete casos menos de Covid-19 e sitúase nos 22 activos

Lugo conta sete casos menos de Covid-19 e sitúase nos 22 activos

As UCIs galegas mantéñense libres de pacientes coa enfermidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo rexistra un novo descenso de casos activos, en concreto, de sete persoas. Desta maneira, son 22 as que aínda se manteñen infectadas pola Covid-19 no territorio lucense.

Segundo a información facilitada pola Consellería de Sanidade, a situación mantense igual nos hospitais: ningunha persoa permanece en UCI e só unha se atopa en planta no HULA. As 21 persoas restantes cúranse da enfermidade nos seus propios domilicios (sete menos ca onte).

Os datos oficiais refiren 913 altas e 28 facelementos total desde o inicio da pandemia da Covid.

GALICIA

O número de casos activos de COVID-19 no conxunto de Galicia reduciuse en 108 e sitúase en 357, mentres que as persoas curadas aumentaron ata as 10.470, o que supón 114 máis que este xoves.

Así se reflicte nos datos actualizados pola Consellería de Sanidade, nos que se sinala que do total de pacientes positivos, oito permanecen en unidades de hospitalización –tres menos que este xoves– e 349 en seguimento domiciliario –105 menos–, mentres as UCI galegas se manteñen sen pacientes con COVID.

+ posts

ÚLTIMAS

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...