InicioMovementos sociaisConvocan unha manifestación para o 17 de marzo en defensa do rural...

Convocan unha manifestación para o 17 de marzo en defensa do rural e duns prezos xustos

A asociación Agromuralla insta á participación de persoas do ámbito urbano, porque "se o rural esmorece, a cidade morre".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O colectivo Agromuralla convoca para o vindeiro martes, 17 de marzo, unha manifestación polas rúas de Lugo en defensa do rural e duns prezos xustos para os seus produtores. A provincia súmase así á onda de reinvidicacións do agro que están xurdindo en distintos puntos de España.

A asociación de gandeiras e gandeiros xurdida das históricas tractoradas do 2015 convida a participar na protesta a produtores e veciños do rural, pero tamén a aqueloutros que viven en ámbitos urbanos. “Se o rural esmorece, a cidade morre”, reza o lema da marcha. Así, procuran pór en valor a produción rural como garantía contra o despoboamento e como base para unha alimentación de calidade de cara aos consumidores.

RADIOGRAFÍA DA SITUACIÓN ACTUAL

Con pouco máis de catro anos de vida, esta asociación composta por 400 gandeiros e gandeiras da provincia de Lugo observa problemas que persisten no sector. Á espera de que concreten máis polo miúdo as principais reivindicacións para o vindeiro 17 de marzo, xa avanzan que a situación actual se ve condicionada por incertezas derivadas das oscilacións dos prezos á baixa, o aumento do custo da enerxía, a falta de relexo xeracional ou as novas esixencias medioambientais no uso dos xurros, entre outras.

+ posts

ÚLTIMAS

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...

Lugo estreará “As rúas do vento ceibe”, proxecto musical con máis de 300 voces arredor de poemas de Manuel María

O Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo acollerá o vindeiro 15 de maio o...