InicioDeportesO Lugo exhíbese en Córdoba (0-4)

O Lugo exhíbese en Córdoba (0-4)

Os lucenses foron superiores dende o comezo dominando e acadando a segunda vitoria lonxe de Lugo con goles de Dani Escriche, José Carlos Lazo, Cristian Herrera e Tete Morente

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo gañou ao Córdoba C.F. (0-4) na trixésimo cuarta xornada de LaLiga 1|2|3. No once inicial, só a novidade de José Carlos Ramírez coma central zurdo e “Josete” Malagón coma pivote zurdo. Os lucenses son decimoitavos con 37 puntos e gañan o “average” directo ao Córdoba.

Os lucenses tiveron a iniciativa dende o comezo. Combinaron máis e mellor e estiveron activados en defensa. Xa tiveron a primeira ocasión no minuto 5 cun disparo lonxano e potente de Tete Morente que marchou excesivamente cruzado. No minuto 10, “Josete” Malagón, hoxe pivote coma en Alcorcón, salvou un balón perigoso unha vez que Andrés Martín salvara a saída de Juan Carlos Martín. Pero no seguinte minuto, o 0-1. Saída de balón de “Josete”, pase ao espazo cara Cristian Herrera, que centrou cara o gol de Dani Escriche a portería baleira. Os lucenses dominaba cun Giorgi Aburjania inmenso. No minuto 16, combinación longa do Lugo que remata cun disparo lonxano de Aburjania que toca no longueiro despois de que desviase Marcos Lavín, porteiro local. Dende o ecuador da primeira metade, mellorou o Córdoba. No minuto 30, Andrés Martín puido empatar ante unha indecisión do Lugo, pero o seu disparo cercano marchou fóra. No minuto 39, falta indirecta do Lugo que bota José Carlos Lazo e “Josete” puido marcar, pero desviou a defensa local. O Córdoba facía un troco introducindo un volante, Álvaro Aguado, por un central, Álex Quintanilla. E ás beiras do descanso, contra conducida por Lazo e o disparo de Tete Morente foi desviado polo equipo local.

Na segunda metade, Lazo ampliaba a diferenza no minuto 48 despois de recuperar o balón, sobrepasar a dous rivais e definir á escadra. No minuto 55, Juan Carlos, porteiro do Lugo, desviou un zurdazo dende fóra da área de Andrés Martín. E no minuto 59, Cristian Herrera marcaba o 0-3 despois de controlar e definir á perfección un centro de Tete Morente. E o propio Tete anotou o 0-4 ao aproveitar un contragolpe e definindo coa perna zurda.

Dani Escriche marcou o seu cuarto gol da tempada, tres en Liga e un en Copa. Encadea dúas xornadas consecutivas marcando. José Carlos Lazo anotou o seu sétimo tanto (seis en Liga e un Copa). Cristian Herrera aportou o seu oitavo gol (sete en Liga e un en Copa).

+ posts

ÚLTIMAS

Un home resulta ferido tras ser acoitelado nun bar da Milagrosa e o presunto agresor é detido

Un home duns 38 anos resultou ferido na madrugada do luns nun establecemento de...

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...