InicioDeportesPresentada a cuarta edición de Campus Álex Llorca

Presentada a cuarta edición de Campus Álex Llorca

O evento lúdico e deportivo organizado polo baloncestista do Montakit Fuenlabrada celebrarase entre o luns 8 e o domingo 14 de xullo do presente 2019, ámbolos dous días inclusive, no Pazo dos Deportes de Lugo, o pavillón anexo e outras instalacións lucenses

PUBLICADA O

- Advertisement -

Onte ao mediodía foi presentada a cuarta edición do Campus Álex Llorca no salón de actos da Deputación de Lugo. O Campus Álex Llorca celebrarase entre o luns 8 e o domingo 14 de xullo do presente 2019, ámbolos dous días inclusive, no Pazo dos Deportes de Lugo e outras instalacións da capital lucense. O campus está organizado por Álex Llorca, xogador de Montakit Fuenlabrada de Liga Endesa e da selección española 3×3, con máis dun medio centenar de inscritos, entre eles nenos e nenas procedentes de tódalas provincias de Galicia, así coma de Castela e León, Madrid e Catalunya. Hai 120 prazas dispoñibles en total, das que xa en torno ao 50 % están cubertas ante a sobresaínte demanda.

Álex Llorca, xogador de Montakit Fuenlabrada de Liga Endesa e da selección española 3×3, agradeceu “todo o esforzo e apoio” das institucións. “Sen a vosa colaboración non podería seguir sumando ediciones, polo que volo agradezo moitísimo”, explicou. Amosouse “moi ledo de estar aquí en Lugo”. “Lugo é, para mín, a miña segunda casa, é o meu xeito de devolver todo o agarimo que me entregaron aquí na miña etapa no Breogán”, comentou. Loubou “as instalacións espectaculares” coas que conta o campus. Anunciou que repite Mateo Rubio, primeiro adestrador do Fútbol Club Barcelona júnior, coma director técnico do campus, ao igual que nas tres edicións previas.

Rubén Engroba, director deportivo de AXSC, adiantou un inminente acordo coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) “para sumar aínda máis apoios e que o  campus dé un saltiño de calidade”, así como lembrou “o retorno importante para a cidade” que supón o campus. Rememorou “o gran éxito de participación” do adestramento celebrado onte de Álex Llorca con nenos e nenas. Ademáis, explicou o acordo con Golden Basket Camp “cunha colaboración para traer un número amplo” de participantes procedentes de Madrid. O voceiro de AXSC reivindicou que o campus “se consolida coma unha referencia nacional” e é “a mellor oferta calidade-prezo”.

Pablo Rivera Capón, deputado de deportes da Deputación de Lugo, agradeceu a Álex Llorca e á Asociación Xuvenil Sagrado Corazón “que sigan apostando polo baloncesto e que Álex siga regresando á que foi e segue sendo a súa casa”, así coma reivindicou a “capacidade de difundir valores” nunha localidade coma é Lugo, que “segue a ser unha cidade de baloncesto”. Rivera lembrou que é un campus “moi proveitoso” e que “mestura múltiples actividades”.

Manuel Otero, xefe de deportes da Xunta de Galicia en Lugo, quixo “agradecer en especial” a Rubén Engroba e Óscar Engroba, da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, así como destacou o “grandísimo proxecto” que é o Campus Álex Llorca. Otero lembrou que “en Lugo se respira moitísimo baloncesto por tódolos lados”. Reivindicou que hai dous equipos “grandes” coma son Club Baloncesto Breogán e Ensino Lugo. Pronosticou que “seguro que se vai superar a centena” de inscritos, polo que animou a potenciais interesados así como loubou “a cantidade de actividades lúdico-deportivas, moitísimas tarefas a nivel físico, táctico, técnico e de toma de decisións que permitirá mellorar moitísimo” aos inscritos. Desexou “o éxito deportivo do campus”.

Miguel Fernández, concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, agradeceu a Álex Llorca que “se lembre de Lugo para este campus”, así como deu as grazas ás institucións e á Asociación Xuvenil Sagrado Corazón (AXSC). Reivindicou que o campus “transmite valores a tódolos participantes”, “vaise celebrar nun entorno lúdico-deportivo” e lembrou que o baloncesto é un “deporte moi arraigado en Lugo”. O campus, segundo Fernández, “é moi importante dende o punto de vista deportivo, de proxección da cidade e de transmitir valores”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...