InicioEconomíaLugo, a provincia onde máis creceu a contratación en Semana Santa

Lugo, a provincia onde máis creceu a contratación en Semana Santa

A provincia luguesa lidera o crecemento porcentual nas contratacións temporais para esta época, na última década.

PUBLICADA O

- Advertisement -

No período 2010-2019, a contratación en Galicia nas campañas de Semana Santa creceu un 70,1%. Durante estes anos, o maior aumento en termos porcentuais produciuse en Lugo (128,6%). As outras tres provincias experimentaron un comportamento máis parello: A Coruña (67,2%), Ourense (62,3%) e Pontevedra (61,9%).

Con todo, respecto a 2018, Ourense (9,4%) e A Coruña (9%) son as que experimentan un maior crecemento. A contratación aumenta un 6,2% en Lugo e un 5,3% en Pontevedra.

En termos absolutos, Pontevedra lidera a contratación, con 4.760 novos postos de traballo este ano, por diante da Coruña (4.410), Lugo (1.420) e Ourense (700),  segundo as previsións que fixo públicas a empresa de recursos humanos Randstad.

 

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...