InicioDeportesAs perdas e un parcial 0-16 derrotan a Breogán no derradeiro cuarto...

As perdas e un parcial 0-16 derrotan a Breogán no derradeiro cuarto (72-90)

Os breoganistas competiron os tres primeiros cuartos chegando a vencer por un punto ao remate do terceiro parcial

PUBLICADA O

- Advertisement -

Cafés Candelas Breogán perdeu ante Kirolbet Baskonia (72-90) despois de competir nos primeiros tres cuartos. Ao remate do terceiro parcial, os lucenses gañaban por un punto (58-57). Dende aí, o Breogán cometeu excesivas perdas (8) e  Baskonia castigou nas transicións con 11 puntos de Marcelinho Huertas nese treito.

No primeiro cuarto, o Breogán abusou dos lanzamentos de tres puntos errando nove. Alec Brown destacaba sobremaneira en ámbalas dúas pistas. Baskonia rematou o primeiro cuarto por diante (14-19) grazas, en parte, a dúas triplas do fino zurdo Shavon Shields.

No segundo cuarto, os lucenses equilibraron o partido dende a defensa e unha mellor xestión do balón coa dirección de Ricardo Úriz ante un Baskonia que forzaba faltas, pero que no primeiro tempo fallou seis tiros libres. Os lucenses adiantáronse no marcador en catro ocasións e chegaron ao descanso con empate (39-39) tras unha penetración do baskonista Shields.

O Breogán seguiu competindo e chegou ao derradeiro cuarto un punto por riba (58-57). No derradeiro cuarto: parcial de 0-16 de Baskonia. Os lucenses reduciron despois dun dous máis un dun inspirado Elijah Millsap (69-79), pero Baskonia volveu castigar até o 72-90 final.

Os máximos anotadores foron Volodymyr Gerun polos lucenses, con 14 puntos, e Darrun Hilliard por Baskonia, con 21.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...