InicioDeportesNatxo Lezkano: "Baskonia é un dos grandes clubes de Europa"

Natxo Lezkano: “Baskonia é un dos grandes clubes de Europa”

O primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán adiantou que Elijah Millsap é a "única dúbida" por "problema na espalda" e Henk Norel vai "pouco a pouco" e "mellor non aventurar unha data de regreso", aínda que antonte estivo "moi ben"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Natxo Lezkano, primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán, afirmou que Kirolbet Baskonia, vindeiro rival este domingo no Pazo dos Deportes de Lugo ás 17 horas na vixésimo segunda xornada da Liga Endesa, “é un dos grandes clubes de Europa, o organizador da Final Four, un equipo que leva moitos anos instalado na elite do baloncesto europeo” e o técnico breoganista colocouno “ao mesmo nivel que Real Madrid e Barça”. “É un deses partidos dos que gusta forma parte”, engadiu.

Lezkano explicou que, para gañar a Baskonia, “tes que facer tódalas cousas ben, non te podes permitir erros en ningún aspecto do xogo” e “esperar que eles non teñan o día”. “Hai que traballar para que non teñan o día”, adiantou.

O primeiro adestrador breoganista contestou que a “única dúbida” por lesión é Elijah Millsap, cun “problema na espalda”, pero “non se ve nada nas probas”. Tamén está tocado Aleksandar Cvetkovic´, cun “problema na espalda”, pero “vai bastante mellor”, así coma Sergi Vidal e Salva Arco, que “levan un tempo con problemas nun xeonllo”. En canto a Henk Norel, “hai días que vai mellor, outros días da un paso atrás” e, por exemplo, “antonte estivo moi ben”, polo que van “pouco a pouco” e “mellor non aventurar unha data de regreso”. O ala-pivote serbio Tadija Dragićević, segundo Lezkano, “di que vai mellor do esperado”, “a recuperación marcha ben” e agora mesmo fai “tiro”.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...