InicioLugo e contornaLugoXa hai petición de sanción para De Lara: entre tres e sete...

Xa hai petición de sanción para De Lara: entre tres e sete meses de suspensión de emprego e soldo

O fiscal rebaixa a solicitude a tres meses. O avogado da xuíza critica que nesta resolución "non se rectificaron os erros da inspección"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A maxistrada Pilar de Lara, titular do xulgado nº 1 de Lugo, xa foi notificada das peticións de sanción contra ela logo do seu expediente por supostas dilacións indebidas. O promotor desa acción disciplinaria no Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) solicita para ela sete meses de suspensión de emprego e soldo, mentres que o fiscal rebaixa a petición a tres meses.

O avogado da maxistrada neste expediente, Agustín Azparren, confirmou que “se acaba de notificar a proposta de resolución” na que tanto o fiscal como o promotor da acción disciplinaria fan as súas propostas de sanción para a xuíza De Lara —responsable de instrucións xudiciais como a ‘Carioca’, sobre redes de prostitución e explotación contra mulleres; ou a ‘Pokémon’ e o ‘Garañón’, centradas en caso de corrupción política—.

Segundo o seu letrado, na resolución “non se rectificaron os erros da inspección”. Como exemplo, refírese a un caso no que se lle imputaba a Pilar de Lara un atraso  que en realidade correspondía a unha xuíza substituta. “A inspección comunicou que era un erro e, con todo, séguese mantendo na proposta do promotor”, quéixase Agustín Azparren.

PROBA TESTIFICAL

A resolución notificouse a pesar de que aínda está pendente de resolver “pola comisión permanente do CGPJ o recurso que se fixo no seu momento porque se denegou unha proba testifical”.

En canto a se xa se está na fase final do expediente disciplinario aberto, Agustín Azparren considerou que “dependerá de se se estima o recurso. “Se se tivese que facer a proba (testifical) habería que retrotraer o expediente a ese momento e practicar as probas”, explica.

Tras a resolución sobre sancións constata que teñen “oito días para contestar e logo pasaría á comisión disciplinaria para que resolvese”. “Podemos estar na fase de tramitación administrativa do expediente. Despois sempre quedarían os recursos”, finalizou o avogado da xuíza neste expediente disciplinario.

ÚLTIMAS

O Concello defende a licitación da xestión do Vello Cárcere e acusa ao PP de “mentir e manipular”

O secretario de Estado, Fernando Martínez, mostrou a súa satisfacción polo resultado do proceso...

Lugo impulsa o mantemento da Muralla no 25 aniversario do seu Patrimonio da Humanidade

O Concello de Lugo aprobou na súa xunta de Goberno a licenza que permitirá...

A Garda Civil salva a unha muller desorientada na A-8 en Mondoñedo

A Garda Civil auxiliou a unha persoa que camiñaba desorientada pola noite pola autovía...

Polémica pola licitación do contrato do Vello Cárcere a pesar dos informes de intervención

O Partido Popular de Lugo, con Elena Candia á cabeza, criticou a decisión do...