InicioMedioambiente e PatrimonioInvestigado un home como presunto autor dun incendio forestal en Guitiriz

Investigado un home como presunto autor dun incendio forestal en Guitiriz

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Lugo esclareceron un incendio forestal no municipio de Guitiriz polo que foi investigado un home. Segundo informou a Vicepresidencia da Xunta, os axentes tomaron declaración a un home como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado 15 de febreiro na parroquia de Negradas.

O lume, que afectou a unha superficie rasa de 0,28 hectáreas, orixinouse por mor dunha queima de restos agrícolas, “realizada sen gardar as debidas medidas de precaución”, indican as fontes, o que levou á propagación a un monte veciñal.

As dilixencias instruídas en relación con este incendio forestal foron remitidas ao xulgado de Instrución de garda da localidade luguesa de Vilalba.

No que vai de ano un total de dez persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais en Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Tenso pleno en Lugo: o alcalde suspende a sesión tras os insultos á edil tránsfuga e o lanzamento de moedas

O Partido Popular instou este xoves ao BNG e ao PSOE a frear a...

Detido en Lugo un home por tentar agredir con dous coitelos á parella da súa exmoza

A Policía Local de Lugo detivo a un home por tentar agredir con dous...

Remata a repavimentación da rúa Benxamín Paz en Vilalba

O Concello de Vilalba vén de concluír os traballos de aplicación do aglomerado en...