InicioCulturaAxenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Varias propostas escénicas completan a axenda desta semana con funcións en Friol, Castroverde, Meira e Antas de Ulla.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro Profesional que impulsa a Vicepresidencia da Deputación de Lugo ata o mes de decembro. A continuación detállase as propostas de varios concellos da provincia:

“A Fada do Saco Verde”.  Unha proposta da compañía Loia Producións para alumnado escolar que se poderá ver este mércores 25 de novembro ás 13 horas no CPI Dr. López Súarez de Friol.

Sinopse

Erea é unha fada diferente ao resto, xa que non posúe poderes máxicos e isto fai que se sinta mal e que o resto de fadas se mofen dela. Pero todo cambia cando os seres do bosque lle tecen un saco máxico no que gardar todo aquilo que manca o mundo, converténdose así na fada do saco verde. Este conto fala da importancia de coidar o medio ambiente e de axudarnos uns a outros dende o amor e o respecto. Pon o foco no coidado da natureza e na importancia de elevar a autoestima, xa que cada un ten habilidades diferentes e todos temos algo valioso que aportar.

“Estremonías da Silva”, de LÎLÂ Teatro, poderase ver o sábado 28 de novembro ás 19 horas no Centro Cultural Paco Pestana do Concello de Castroverde. Indicada para público xeral.

Sinopse

A silva é un arbusto espiñento e gabeador que ocupa terreos abandonados e forma valados que coidan con fervor as heredades. Ao seu abeiro créase un hábitat moi singular e unha terra fértil ideal para o cultivo. Resulta paradóxico que unha planta que produce tanta aversión regale uns froitos tan exuberantes e deliciosos… As amoras.

Cantos amores prenderon nunha silveira… Lines de Silva non é portuguesa nin do Brasil.  É dunha aldea que se chama Sobrado. Disque non se dá ninguna importancia por iso. Tal é a súa dote para inventar historias que se gañou o alcume de ‘Curuxa dos inxenios’, en honor a Lope de Vega, creador de silvas.

En Sobrado aconteceron sucesos estrafalarios. Moitos deles quedaron prendidos na raizame das silveiras agardando o  momento de seren rescatados…

Tamén para o sábado 28 de novembro, pero en Meira, está programada a obra “A Vida é un Soño (ou case)” da comañía Señor López Producións. Será ás 20h na Casa da Cultura e indicada para público familiar, recomendando que os cativos e cativas teñan máis de 7 anos.

Sinopse

Un técnico de son chega ao teatro para preparar a función. O público xa está sentado. Pero hai un problema: non hai actores. Para evitar que a función se cancele, o técnico decide explicar a obra que se ía representar. Mentres proba micrófonos, luces e efectos, comeza a narrar a historia de
Segismundo, un mozo preso desde neno sen saber por que. Pouco a pouco, o técnico deixa de contar a historia… e comeza a vivila. É un erro? É un soño? Ou o teatro ten máis poder do que pensamos?

“Gaela Quere Ser Druída”, unha proposta de Trécola Producións para o domingo 29 de novembro na Casa da Cultura de Antas de Ulla ás 18:00 h. Tipo de público: Familiar.

Sinopse

Gaela persegue ao Druída nun día pouco acertado, el anda atarefado e impaciente na procura dun último condimento, un imprescindible para a súa nova poción. A nena chama a súa atención ao contarlle o que lle preocupa: Ela quere ser druída! O mestre, non sen sentir certa vergoña, négase en rotundo:
“As nenas non poden ser druídas, iso é cousa de homes”.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...