InicioSucesosDetido por estafar 45.000 euros con instalacións de auga e gas en...

Detido por estafar 45.000 euros con instalacións de auga e gas en Becerreá

A Garda Civil imputa un delito de estafa e outro de falsificación documental a un home detido en Becerreá denunciado trala contratación de varias instalacións

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo en Becerreá a un home buscado por estafar máis de 45.000 euros con instalacións de gas e auga sen rematar. O individuo está acusado dos delitos de estafa e falsificación documental.

A detención produciuse contra as 15.00 horas deste mércores, cando o Instituto Armado localizou a esta persoa, denunciada pola contratación da instalación de dous depósitos e a reparación da traída da auga.

O sospeitoso, aproveitando a confianza da vítima, colleu 15.000 euros por adiantado para fins alleos á obra, pola que cobraría máis de 45.000 euros, chegando a falsificar unha das facturas emitidas.

Efectivos da Garda Civil investigan se este individuo é o responsable doutra estafa en Becerreá na que foi empregado o mesmo modus operandi. A vítima entregou 10.000 euros en efectivo e por adiantado para a instalación do gas e a substitución do quentador, obra que carecía da seguridade pertinente.

En ningún dos casos rematou as obras. O detido pasará a disposición xudicial para responder dos feitos que se lle atribúen.

 

ÚLTIMAS

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...

Carmela López reivindica o papel da muller na política na súa elección como presidenta da Deputación de Lugo

A alcaldesa de Burela, a socialista Carmela López, foi elixida este mércores como nova...

Un xigante sanitario máis forte en Lugo: a CNMC permite a compra de Clínica Gaias con condicións para evitar abusos

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) autorizou con compromisos a adquisición...

O PP reclama ao Goberno solucións ante a “grave deterioración” da N-6 en Becerreá

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel...