Home Cultura O San Froilán inspira ‘Lugoland’, o primeiro single do Galego de Caracas

O San Froilán inspira ‘Lugoland’, o primeiro single do Galego de Caracas

0
O San Froilán inspira ‘Lugoland’, o primeiro single do Galego de Caracas

Coincidindo co 5 de outubro, día de San Froilán, ve a luz Lugoland, o primeiro sinxelo e videoclip do artista lucense-venezolano Simón Rodríguez Landaeta, coñecido artisticamente como Galego de Caracas.

Afincado en Lugo desde hai varios anos, o creador orixinario de Caracas dea o paso definitivo no ámbito musical despois de destacar na escena cultural galega grazas á obtención de varios premios literarios, ás súas presentacións de poesía escénica e ás súas actuacións en directo. Coa súa creación íntegra en lingua galega, o artista busca poñer en valor o papel das persoas migrantes e a riqueza cultural do país.

Unha oda á noite e á festa lucense

Lugoland preséntase como un relato musical sobre unha fin de semana de esmorga en Lugo durante as súas celebracións máis emblemáticas. A canción conta cunha instrumental producida por Horacio Hibirma (@hhponelritmo), onde se funden o trap, a música electrónica e os sons característicos da feira. A gravación, mestura e masterización realizouse no estudio A Cova do Oso da man do enxeñeiro Fidias Torres (@fidiasbear).

O lanzamento inclúe un videoclip gravado durante as festas do San Froilán de 2025 por Daniela Blanco Santos (@blancos.photo), cuxa edición se desenvolveu ao longo de todo un ano para cadrar a súa estrea coa edición do San Froilán 2026. Pola súa banda, a portada do sinxelo é obra do ilustrador lucense Iván Mourante (@i.mouronte.b), quen tamén foi o autor do cartaz oficial do San Froilán 2025.

Cun estilo festivo e hedonista, Galego de Caracas consolida con este traballo a súa vinculación coa cidade que o acolleu. O tema xa se atopa dispoñible en YouTube, Spotify e nas principais plataformas dixitais.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here