InicioSociedadeSusie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A banda ourensá e o grupo monfortino ofrecerán este venres 25 e sábado 26 de setembro, respectivamente, dous grandes concertos ás 21:00 h. cun repertorio de rock no que incluirán temas míticos da escena internacional.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a principios de agosto un cartel de concertos con bandas e propostas musicais de moita calidade. Concertos que foron completando a proposta deste espazo hostaleiro situado na contorna do río ao combinar música en directo, terraza e servizo de comidas.

Dende o 7 de agosto, pasaron xa pola Terraza do Pazo os grupos MU2, Rayones, Niño Asqueroso, Ruxe Ruxe, e Cabuxa Blue. E para pechar o ciclo, este venres 25 de setembro actuará o grupo Susie Q’s e o sábado 26 chegará dende Monforte a banda Doc Magoo’s.

Imaxe promocional do grupo Susie Q’s

Todos os concertos de balde para o público e programados para as 21:00 h.

SUSIE Q’S

Partindo do Rock & Roll como base, esta veterana banda ourensá incorpora estilos cos que os compoñentes coinciden como poden ser o blues e o country.

DOC MAGOO’S

Esta banda monfortina, que leva 26 anos rodando polos escenarios de toda Galicia, versiona aos grandes de todos os tempos. Nos seus concertos pódense escoitar temas míticos de rock & roll da escena musical internacional como, por exemplo, Neil Young, The Black Crowes, Prince, Police, Rolling Stones, Lenny Kravitz, The Doors, Beatles ou Bob Dylan.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...