InicioLugo e contornaLugoLugo garante as ratios de atención no programa Aprende Xogando

Lugo garante as ratios de atención no programa Aprende Xogando

Elena Candia trasladou que se cumpre a ratio de 1 monitor por cada 5 menores con necesidades educativas especiais e de 1 por cada 10 no resto dos grupos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, comunicou a representantes de CC.OO. que o programa municipal de conciliación Aprende Xogando cumpre as ratios de atención reclamadas polo sindicato.

En concreto, o Concello garante unha ratio de 1 monitor por cada 5 menores con necesidades educativas especiais e de 1 monitor por cada 10 menores no resto dos grupos.

Deste xeito, o Goberno municipal dá resposta á petición formulada por CC.OO. e garante unha atención adecuada ás necesidades dos nenos e nenas participantes no programa.

“O noso obxectivo é garantir un Aprende Xogando de calidade, que facilite a conciliación das familias e que preste unha atención adecuada a todos os menores, especialmente a aqueles que precisan un apoio específico”, sinalou Elena Candia quen tamén indicou que se traballa en mellorar os locais onde se desenvolven as actividades deste programa de conciliación.
+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...

Un home enfróntase a máis de 18 anos de cárcere por malos tratos, ameazas e agresión sexual á súa parella

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro xoves o xuízo contra un home...