InicioPolíticaOs socialistas piden á Xunta que "deixe os contos" arredor da intermodal...

Os socialistas piden á Xunta que “deixe os contos” arredor da intermodal de Lugo

O secretario xeral dos socialistas lucenses acusa á administración galega, que rexeitou o convenio para un día despois propor outro, de "non querer" a intermodal

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral dos socialistas na provincia de Lugo, Álvaro Santos, acusa ao Partido Popular de “non querer” a intermodal de Lugo. Replica así ás manobras da Xunta de Galicia, que o martes rexeitou a proposta do Ministerio de Fomento, consensuada en novembro, para presentar outro convenio marco o mércores. O asemade voceiro do goberno provincial esixe aos populares que deixen os “contos” e os “paripés”.

Explica Santos que na administración galega “tiveron tempo” para realizar a parte que lle corresponde á Xunta no anteproxecto, 2,7 millóns para a dársena da estación de autobuses. Entenden os socialistas que a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, mentiu cando xustificou rexeitar o protocolo de Fomento por “falta de concreción”, e ligan a cuestión a que no Partido Popular “non queren” a intermodal.

Santos asegura que no Partido Socialista continuarán traballando no que comprometeron, a renovación da estación de tren e o proxecto que coordinará a intermodal, tanto dende o Concello como dende o Goberno central, onde aprecia “actitude construtiva e propositiva”. “O que non podemos consentir é seguir paralizados por unha Xunta de Galicia que o único que fai é agredir os veciños e veciñas de Lugo”.

A posición da plataforma cidadá

Lugo Non Perdas O Tren, a plataforma integrada na Federación Veciñal, traslada que o compromiso do administrador ferroviario estatal Adif “é firme”, polo que piden pór fin “ao atranco político”. Cominan á unha nova reunión entre a Xunta de Galicia e o Goberno para asinar o convenio, porque “non é lóxico” depender dos procesos electorais cando está en xogo “o futuro da cidade”. Así, esixen “compromiso” á administración galega e advirten de que a cidadanía lucense “non se pensará dúas veces” saír á rúa en protesta.

ÚLTIMAS

A Xunta apoia a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O goberno galego trasladou o seu apoio á candidatura de Lugo para ser sede...

Ferraz ratifica a Carmela López mentres o BNG garante a maioría na Deputación de Lugo ante as críticas do PP

A dirección federal do Partido Socialista ratificou na tarde deste luns á alcaldesa de...

Un cento de tractores toman Lugo contra o acordo UE-Mercosur e alertan da “desaparición” do sector primario

Un centenar de tractores percorreron este luns as rúas de Lugo para secundar a...

Rueda reta ao BNG a non facilitar a presidencia da Deputación de Lugo ao PSOE

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, retou ao BNG...