Home Lugo e contorna Lugo O Concello de Lugo organiza charlas divulgativas sobre a PAC

O Concello de Lugo organiza charlas divulgativas sobre a PAC

0
O Concello de Lugo organiza charlas divulgativas sobre a PAC

O Concello de Lugo, a través da oficina Europe Direct Lugo, organiza catro sesións divulgativas sobre a Política Agraria Común (PAC) dirixidas a agricultores, gandeiros e poboación do entorno rural.

Coñecer de primeira man os cambios da PAC e saber como aproveitalos. Ese é o propósito desta iniciativa, que achega ao sector agrogandeiro información clara e útil sobre as axudas dispoñibles, os requisitos que hai que cumprir e os dereitos e oportunidades que ofrece esta política europea.

As sesións abordarán tamén o impacto das políticas da Unión Europea no día a día do sector agrario e contarán cun tempo específico para resolver as dúbidas das persoas asistentes.

Serán charlas presenciais, de carácter divulgativo e participativo a cargo de Luisa María Granja Domínguez, enxeñeira técnica agrícola con experiencia no asesoramento rural e agrario.

As sesións celebraranse ás 16:30 horas nas seguintes datas e localizacións:

26 de outubro de 2026, Local Social de Santo Estevo de Benade.

11 de novembro de 2026, Local Social (Palleira) de Santiago de Saa.

17 de novembro de 2026, Local Social de San Vicente de Burgo.

2 de decembro de 2026, Local Social de Santa Cristina de San Román.

A asistencia é libre e non require inscrición previa.

Con esta programación, Europe Direct Lugo busca facilitar que as persoas vinculadas ao rural poidan coñecer de maneira directa e comprensible as ferramentas, obrigas e oportunidades que ofrece a Política Agraria Común e resolver cuestións concretas relacionadas coa súa aplicación.

 

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here