InicioCulturaA Vicepresidencia da Deputación organiza un encontro de boas iniciativas culturais no...

A Vicepresidencia da Deputación organiza un encontro de boas iniciativas culturais no Pazo de Tor o 13 de xullo

A deputada de Cultura Iria Castro e a xerente da Rede Museística Encarna Lago presentaron a xornada que propón como obxectivo identificar prácticas que converten as iniciativas culturais en motores de transformación cultural e social.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Pazo de Tor, en Monforte, acollerá o vindeiro 13 de xullo o primeiro Encontro de Boas Iniciativas Culturais, no que participarán unha vintena de asociacións e profesionais da cultura da provincia de Lugo.

A xornada enmárcase no proxecto “Escola, Cultura e Territorio” promovido polas áreas de Cultura das Deputacións de Lugo e da Coruña e o Consello da Cultura Galega, que inclúe tamén a organización de residencias para axentes culturais no Pazo de Mariñán (Bergondo, A Coruña) e  xornadas formativas dirixidas a cargos públicos e técnicos municipais.

A deputada de Cultura Iria Castro e a xerente da Rede Museística Encarna Lago presentaron a xornada que propón como obxectivo identificar prácticas que converten as iniciativas culturais en motores de transformación cultural e social.

Iria Castro explicou que “o proxecto Escola, Cultura e Territorio parte dunha visión compartida sobre as políticas culturais por parte das tres institucions implicadas, que entendemos a cultura como un dereito da cidadanía e como un ámbito desde o que fortalecer o vínculo social e o sentido de identidade e de pertenza”.

A responsable de Cultura abondou na idea “de traballar conxuntamente para fortalecer o ecosistema cultural galego desde o ámbito local, tendo en conta que cada institución proxecta a súa acción sobre realidades demográficas e socioeconómicas diferentes. Na provincia de Lugo, cunha poboación máis dispersa e un territorio maioritariamente rural,  agroman proxectos moi interesantes dos que aprender. Este foro é un espazo que pretende recoñecer esa capacidade e tamén para  transformar a súa práctica diaria en coñecemento aplicable noutros casos”.

O encontro artéllase arredor de catro mesas de traballo con diferentes temáticas.A primeira centrarase na profesionalización cultural, coa exposición de modelos de xestión e proxectos sustentables que xeran valor económico se social como Outonía Cooperativa, Gaita Filmes, a Asociación Ser, a Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada ou a Trienal de Sarria.

A segunda mesa centrarase en iniciativas enfocadas na posta en valor da identidade local, a memoria histórica e o legado cultural como Mariña Patrimonio, Fundación Legar, Son d´Aldea, Espazo Caritel ou o programa de divulgación arredor dos xacementos da Pobra do Brollón.

Na terceira mesa, falarase sobre asociacionismo cultural e construción de comunidade a partir da experiencia de colectivos como Xermolos,  a Asociación Aldear, o IESCHA, o Instituto de Estudos Ulloáns, o Seminario de Estudos do Valadouro ou Xotramu.

O encontro incorporará tamén a experiencia da Foliada da Fonsagrada, o Breason, o Castañazo Rock, Fancine de Lemos ou Teatro das Cortes como iniciativas que contribúen a fortalecer o tecido social e crear espazos de participación cultural.

No remate da sesión da mañá, celebrarase un xantar de traballo, aberto á participación das persoas que asistan como público, co obxectivo de extender o diálogo que se abra nas distintas mesas e propiciar un contacto informal que colectivos e profesionais poidan manter no tempo. A participación na xornada e no xantar require inscrición previa no enderezo electrónico comunidadermpl@gmail.com

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...