InicioMedioambiente e PatrimonioA Xunta non terá que indemnizar ao lucense propietario de 23 leiras...

A Xunta non terá que indemnizar ao lucense propietario de 23 leiras incluídas na Rede Natura 2000

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia exime o goberno autonómico de pagar polos terreos da Rede Natura 2000, por entender que a protección é anterior

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeitou o recurso do propietario de 23 predios sitos en Muras, e que reclamaba á Consellería de Medio Ambiente unha indemnización pola inclusión dos terreos na Rede Natura 2000. A sección primeira da Sala do Contencioso-administrativo considera que carece de dereito a recibir os 367.000 euros que solicitaba porque a entrada en vigor do Plan Director “non supuxo ningunha limitación para o aproveitamento das parcelas que non estivese contemplada na lexislación vixente con anterioridade”.

Así, o alto tribunal galego estabelece que “non concorre a necesaria relación de causalidade entre o funcionamento do servizo público, que o actor deriva da aprobación do Decreto 37/2014, e o dano que se afirma como causado”. A sentenza ditamina que “tampouco se demostra a concorrencia do requisito de dano efectivo”.

Os danos reclamados polo dono das leiras céntranse “nas perdas por afección á explotación de gando” e no valor dos terreos. Os maxistrados, con todo, sosteñen que “non se acreditou a realización, con anterioridade á entrada en vigor do Decreto da Rede Natura 2000, dunha efectiva explotación de gando nos terreos nos termos que se alegan previstos no informe pericial que se achega coa reclamación”.

Nas conclusións do TSXG non consta acreditado que os danos reclamados respondan á perda de usos como consecuencia da aprobación do Decreto que regula o espazo protexido. Por tanto, o reclamante non se viu prexudicado no aproveitamento das leiras, e o informe pericial “parte de expectativas afastadas dos danos reais e concretos, que non se poden dar por acreditados”.

“Life In Common Land é un proxecto demostrativo pero ambicioso”

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...

O PSOE de Lugo esixe a Candia continuar co proxecto de praia fluvial nas Saamasas

O edil socialista Jorge Bustos esixe  a Candia que Lugo non perda os avances...

Reunión da Mesa Local de Comercio en Lugo depois de cinco anos desde a última convocatoria

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión co presidente de la Federación...