InicioLugo e contornaLugoCandia anuncia un plan de choque para reducir listas de espera no...

Candia anuncia un plan de choque para reducir listas de espera no SAF

O Concello tamén avisa de cortes de auga en Rúa Hermanitas, Rúa Río Neira, Praza de Mártires de Carral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de política social, maiores e migración, Gustavo Díaz, mantiveron unha reunión de traballo co persoal  do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e coa empresa concesionaria, Aralia, para analizar a situación actual do servizo e avanzar nas medidas que permitan reducir a lista de espera existente na cidade.

Na actualidade, o Concello de Lugo presta atención a 636 familias a través dun servizo no que traballan arredor de 200 profesionais e que constitúe un dos principais recursos de apoio ás persoas maiores e dependentes.

Durante a xuntanza abordouse a posta en marcha dun plan de choque para reducir progresivamente a lista de espera, na que actualmente figuran 567 persoas

A primeira medida pasa por introducir melloras no contrato, incrementando o número de horas de atención dispoñibles para axilizar a incorporación de novos usuarios, priorizando os casos con maior nivel de dependencia, especialmente as persoas recoñecidas con Grao II, co fin de dar resposta ás situacións de maior necesidade

A actualización do prezo/hora aprobada pola Xunta que pasa a pagar dos 12 € a 16€ a hora de atención do SAF permitirá ao Concello dispoñer aproximadamente 900.000 euros adicionais ao ano para destinar á redución das listas de espera.

A alcaldesa subliñou que “a situación das listas de espera require unha resposta inmediata. Estamos a falar de persoas e familias que precisan apoio no seu día a día e que non poden seguir esperando. O noso compromiso é aproveitar todos os recursos dispoñibles para ampliar o servizo e reducir progresivamente esta lista”, sinalou.

A alcaldesa lembrou ademais que a mellora do Servizo de Axuda no Fogar figura entre os compromisos recollidos no proxecto de cidade defendido polo actual goberno e destacou a importancia da recente actualización do financiamento autonómico por hora de servizo, unha medida que permitirá dispoñer de máis recursos para seguir reforzando a atención ás persoas dependentes.

Aviso de corte de auga esta tarde

  • Rúa Amizade, marxe esquerda, entre os números 1 e 5.
  • Rúa Hermanitas.
  • Rúa Río Neira.
  • Praza de Mártires de Carral.

Os traballos levaranse a cabo ao longo da tarde de hoxe

O Concello lamenta as molestias que esta actuación poida ocasionar

+ posts

ÚLTIMAS

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...

O PP ve como “unha peaxe” o convenio de 2 millóns de euros entre Deputación e Concello de Monforte

O portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, pregunta a Carmela López se a achega...