InicioLugo e contornaLugoO PP denuncia “enchufismo” na Deputación e Darío Campos acúsao de “embarrar”...

O PP denuncia “enchufismo” na Deputación e Darío Campos acúsao de “embarrar” a política

Os socialistas acusan aos populares de tentar tapar os seus problemas internos na provincia con esta "guerra sucia".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O nomemamento de Sonia Méndez, ex deputada provincial e primeira tenente de alcalde con Orozco, como “técnica de administración xeral” na Deputación de Lugo acaba de desatar unha nova guerra entre populares e socialistas.

Os populares acusan ao PSOE de “dar continuidade á axencia de colocación de amigos que tiña Besteiro e que Campos está a perpetuar” na Deputación de Lugo coa incorporación de quen “foi a man dereita de Orozco no Concello”.

Unha denuncia que o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, non tardou en respostar acusando aos populares de “facer unha campaña sucia”, “unha guerra sucia”. “Sonia Campos leva aquí máis de seis meses e hai dez persoas no seu mesmo caso”. “Houbo un proceso selectivo e non se mira a condición persoal nin política de ninguén”, suliñou.

“Supoño que dentro dos seleccionados haberaos que voten ao PP, ao PSOE ou ao BNG. Son procesos selectivos abertos e transparentes”, resolveu ao tempo que acusou ao PP de “caza de bruxas” e de tentar tapar os problemas internos que teñen na provincia “embarrando” a política.

Non é a primeira vez que o PP fai estas denuncias, sobre todo, cando se aproximan campañas electorais. Aconteceu o mesmo durante o bipartito na Xunta, cunha campaña que apoiaron os grandes medios de comunicación denunciando o suposto “despilfarro” de socialistas e nacionalistas, e acontece agora tamén na Coruña e Santiago contra os gobernos das mareas.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...