InicioLugo e contornaLugoAcusan a Elena Candia do "maior acto de vulneración democrática vivido nun...

Acusan a Elena Candia do “maior acto de vulneración democrática vivido nun pleno do Concello de Lugo”

A concelleira socialista Ana González Abelleira acusou hoxe ao Goberno de Elena Candia de "intentar apropiarse politicamente" dos avances en materia de persoal impulsados polo anterior executivo municipal

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

O voceiro socialista no Concello de Lugo, Miguel Fernández, criticou este xoves con enorme dureza a decisión da alcaldesa Elena Candia de impedir o debate no Pleno ordinario da proposición presentada polo Grupo Municipal Socialista para iniciar o procedemento de nomeamento de Xoán Montes como Fillo Predilecto de Lugo e do doutor Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo da cidade.

Fernández cualificou o sucedido como “un feito gravísimo e absolutamente inconcibible nun sistema democrático”, asegurando que “estamos ante o maior acto de vulneración da democracia vivido nun Pleno ordinario deste Concello”.

“O que fixo a señora Candia foi utilizar de maneira torticeira e interesada un informe técnico para impedir deliberadamente que a Corporación puidese pronunciarse libremente sobre unha proposta lexítima da oposición. É unha manobra propia dunha dirixente déspota e autoritaria á que a democracia lle incomoda e que emprega a normativa non para garantir o funcionamento institucional, senón como unha arma política para silenciar á oposición”, denunciou.

O líder socialista acusou directamente á alcaldesa de “tergiversar conscientemente” o contido do informe para construír unha falsa escusa coa que bloquear o debate e impedir que a iniciativa puidese recibir o respaldo do conxunto da Corporación.

“Señora Candia, a súa estratexia na Xunta de Voceiros foi unha auténtica escenificación. Vostede apelou de xeito interesado á suposta necesidade dunha unanimidade previa dos grupos, afirmando falsamente que a proposición socialista non era o procedemento axeitado e forzando a súa retirada. E hoxe hai que dicirlle a verdade aos lucenses: vostede utilizou a unanimidade como unha simple coartada para o bloqueo político”, afirmou.

Fernández insistiu en que “non existía ningunha traba técnica nin regulamentaria” para que o Pleno iniciase o procedemento, lembrando que “o Regulamento de Honras e Distincións do Concello permite perfectamente que o impulso político nazca do Pleno municipal”.

“O Pleno é o órgano soberano de impulso político deste Concello. Onde está o impedimento regulamentario para que o procedemento comece aquí? Non existe. O que existe é unha vontade política clara de vetar unha proposta da oposición utilizando de maneira fraudulenta unha interpretación interesada da norma”, advertiu. O voceiro socialista foi especialmente crítico co uso que o goberno local fixo do concepto de unanimidade institucional.

“A unanimidade é un obxectivo nobre que debe construírse de maneira pública, transparente e durante a instrución do expediente, sumando informes, adhesións sociais e o apoio do tecido asociativo e deportivo da cidade, incluído o Club de Atletismo Lucus. O que non pode converterse é nunha conditio sine qua non imposta nun despacho para obrigar á oposición a retirar iniciativas rexistradas lexitimamente”, afirmou. Neste sentido, Miguel Fernández acusou ao PP de incumprir deliberadamente os compromisos adquiridos antes da moción de censura.

O recoñecemento conxunto de Xoán Montes e do doutor Mariano Castiñeira formaba parte dunha folla de ruta clara do anterior goberno progresista, continuando o camiño iniciado cos recoñecementos a Rafael de Vega e Alonso Montero. O Partido Popular asumiu esa inercia cando lle interesou saír na foto, pero rompeu a palabra dada aos sectores sanitarios e deportivos da cidade ao deixar fóra a Mariano Castiñeira”, denunciou. Finalmente, Fernández advertiu de que “o máis preocupante non é só o bloqueo dunha proposta concreta, senón o precedente democrático que se abre”.

“Hoxe a señora Candia cruzou unha liña vermella institucional. Utilizou a Xunta de Voceiros para secuestrar o dereito de iniciativa política da oposición e para impedir que o Pleno puidese debater e decidir libremente. Iso é profundamente antidemocrático e incompatible coa dignidade institucional que merece este Concello”, concluíu.

“CANDIA QUERE APROPIARSE DOS AVANCES EN MATERIA DE PERSOAL”

A concelleira socialista Ana González Abelleira acusou hoxe ao Goberno de Elena Candia de “intentar apropiarse politicamente” dos avances en materia de persoal impulsados polo anterior executivo municipal e instouna a “abandonar a propaganda e cumprir cun cronograma claro de traballo” para alcanzar os obxectivos marcados polo ben da administración local.

González Abelleira explicou que o anterior Goberno deixou definida a comezos deste ano unha folla de ruta elaborada de maneira conxunta cos técnicos municipais, na que se establecían as prioridades da política de persoal para 2026. “Non estamos ante anuncios improvisados nin ante decisións do actual Goberno. Falamos dun documento serio, traballado e consensuado, que deixaba perfectamente marcadas as liñas de actuación para reforzar os servizos municipais”, afirmou.

+ posts

ÚLTIMAS

Cáritas Lugo alerta: medran os migrantes atendidos e os maiores sós, pero “a pobreza ten cara de muller”

Un total de 7.834 persoas foron atendidas por Cáritas Diocesana de Lugo ao longo...

Agresión a tres funcionarios na prisión de Monterroso, un deles tivo que ir ao PAC

Un preso do centro penal de Monterroso agrediu a tres funcionarios da prisión, en...

O alcalde do Páramo renuncia á acta e será relevado polo seu segundo, Benjamín García

O Concello de O Páramo celebrará esta tarde o pleno no que se tomará...

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....