A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión con representantes de AdisLugo, a asociación que agrupa ás empresas distribuidoras de mercadorías, para escoitar as súas propostas de mobilidade con respecto ás Zona de Baixas Emisións.
Durante o encontro, a rexedora valorou positivamente a reunión e destacou que moitas das alegacións trasladadas polo sector para a redacción da ordenanza coinciden coas propostas que no seu día presentara o Grupo Municipal do Partido Popular, especialmente no relativo á necesidade de compatibilizar a actividade económica coa mobilidade e coa protección dos novos espazos peonís.
A alcaldesa insistiu en que o obxectivo do Concello pasa por aprobar unha ordenanza da ZBE “realista, viable e adaptada ás necesidades reais de Lugo”, escoitando aos colectivos afectados e incorporando melloras que faciliten a súa aplicación práctica.
A alcaldesa insistiu en que o goberno local traballa para ordenar mellor a circulación e as zonas de carga e descarga, ao tempo que se reforzan os pavimentos máis sensibles para garantir a súa conservación e durabilidade.
A rexedora mostrouse optimista sobre a posibilidade de alcanzar acordos que permitan sacar adiante unha ordenanza útil para Lugo, que cumpra cos requisitos vinculados aos fondos europeos sen prexudicar a actividade económica e social da cidade.
