InicioLugo e contornaRábadeRábade celebrará o vindeiro sábado a IV Edición do Festival 'Entrepontes'

Rábade celebrará o vindeiro sábado a IV Edición do Festival ‘Entrepontes’

Haberá tamén un mercado de artesanía e a tarde estará adicada ao Festivaliño, dirixido aos máis pequenos, que poderán desfrutar dunha sesión de cine, un espectáculo de ventriloquia e unha festa Holi

PUBLICADA O

- Advertisement -

Rábade acolle o próximo sábado, 30 de maio, a cuarta edición do Festival Entrepontes, promovido pola Asociación Cultural Fillos do Chaira. A Xunta colabora coa iniciativa.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da cita na Casa do Concello rabadense, xunto coa alcaldesa, Remedios González, e membros da organización.

Mirando Flores serán os o encargados de abrir a xornada cun concerto no campo da feira ás 13,30 horas. Pola noite actuarán Ulex (20,00 h.), Monouilous DOP (21,20 h.), Amor Líquido (22,55 h.), Parquesvr (00,15 h.), e Pladür (1,50 h.).

Haberá tamén un mercado de artesanía e a tarde estará adicada ao Festivaliño, dirixido aos máis pequenos, que poderán desfrutar dunha sesión de cine, un espectáculo de ventriloquia e unha festa Holi. O horario previsto é de 16,00 a 19,00 horas.

Arias felicitou aos organizadores por impulsar un festival de música en directo deste nivel, gratuíto e accesible para todos os públicos. Apuntou que este tipo de iniciativas “supoñen un novo atractivo para dinamizar a zona”, ao tempo que “fomentan a descentralización da cultura” e axudan a crear novos públicos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...

O PSOE de Lugo esixe a Candia continuar co proxecto de praia fluvial nas Saamasas

O edil socialista Jorge Bustos esixe  a Candia que Lugo non perda os avances...

Reunión da Mesa Local de Comercio en Lugo depois de cinco anos desde a última convocatoria

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión co presidente de la Federación...