InicioLugo e contornaLugoO Concello e o Grupo Etnográfico Traxandaina anima a coñecer o Espazo...

O Concello e o Grupo Etnográfico Traxandaina anima a coñecer o Espazo Relembra dedicado á vestimenta galega

Elena Candia: "o que hoxe inauguramos é algo máis que un espazo expositivo, é algo máis que un proxecto cultural é un proxecto de vida de Teresa Astorgano e a súa familia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo explicou na súa intervención que Espazo Relembra da vestimenta galega que “é algo máis que un espazo expositivo ou un proxecto cultural ” matizando que é “o proxecto de vida de Teresa Astorgano e da súa familia arredor do estudo e conservación do traxe tradicional galego”. Elena Candia aradecía “o seu xesto de xenerosidade por compartir este proxecto de vida cos lucenses e con todas aquelas persoas que nos visiten.

A alcaldesa puxo en valor os anos de recompilación, as moitas horas de investigación, e traballo desenvolvidos polo Grupo Etnográfico Traxandaina ao redor do estudo do traxe galego, converténdose nun referente no estudo da vestimenta tradicional galega e das particularidades propias de cada zona de Galicia.

O local onde esta tarde se inaugurou Espazo Relembra está situado nun dos baixos das vivendas propiedade da Xunta de Galicia na rúa do Miño, número 14. Elena Candia destacou tamén a importancia da coordinación entre distintos departamentos da Xunta para facer realidade un proxecto. Neste sentido, explicou que o Instituto Galego da Vivenda e Solo asumiu a rehabilitación do inmoble, mentres que a Consellería de Cultura colaborou na musealización e acondicionamento do espazo.

A alcaldesa incidiu ademais na importancia de continuar dotando de contido cultural e dinamización unha contorna histórica como a Tinería, impulsando proxectos que contribúan a revitalizar este barrio a través da cultura, da tradición e do patrimonio galego que concluía a súa intervención asegurando que “o traxe tradicional forma parte da nosa historia, da nosa identidade e da memoria colectiva de Galicia”.

Traxandaina xa contaba cun importante espazo de difusión no ámbito dixital impulsada coa colaboración de Política Lingüística e dende hoxe xa conta tamén cun espazo físico aberto á cidadanía.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...