InicioPolíticaCampos nega que a suba salarial dun empregado sexa un favor político

Campos nega que a suba salarial dun empregado sexa un favor político

O Partido Popular critica a "designación a dedo" para un membro do Partido Socialista e pide a revisión dun proceso, aínda que admite a legalidade do mesmo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular acusa ao executivo provincial de montar unha “rede clientelar” logo de trascender o aumento salarial dun empregado da Deputación, que é asemade membro da executiva local do Partido Socialista. Nun comunicado, os conservadores critican a designación “a dedo” a tres meses das eleccións e entenden que implica un trato de favor.

Explican os populares que un decreto provincial atribúe temporalmente as funcións de celador-responsable coordinador a Miguel Anxo Crende López, que é peón de Vías e Obras, labor polo que percibe 338 euros mensuais. Co complemento da nova atribución, o secretario de organización do Partido Socialista na cidade de Lugo pasará a percibir 760 euros durante doce meses, con posibilidade de prórroga por outro período igual.

En opinión do Partido Popular, a suba salarial implica “un agravio comparativo respecto dos capataces do servizo, algún deles con trinta anos traballados”. Así, piden a revisión do proceso porque “pode que a lei o permita, pero é a todas luces unha práctica clientelar” para pagar favores a “comisarios políticos”.

Resposta da Deputación

Pola contra, o presidente da Deputación, Darío Campos, negou que o incremento de funcións e salario represente un caso de nepotismo. A máxima autoridade provincial explicou que “é un traballador máis, cos mesmos dereitos de todos”, e que “non ten nada que ver con que sexa socialista”. Xustificou a reasignación “porque se considerou necesaria esa atribución temporal de funcións”, sobre as que apuntou que son extraordinarias e temporais. Ademais, apuntou Campos, “tamén se mellorou o soldo aos do Partido Popular”.

Fontes da Deputación trasladaron que un total de 19 empregados recibiron atribucións temporais “nos últimos meses”, precisando que todo labor extraordinario responde á responsabilidade asumida por cada traballador no esquema da administración provincial. Dende o organismo piden respecto pola vida privada dos empregados públicos e non utilizalos como arma política.

ÚLTIMAS

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...

Catro detidos na desarticulación dunha rede de venda de drogas na provincia de Lugo

A Garda Civil desarticulou unha organización dedicada á distribución de estupefacientes na provincia de...

Unha muller morta e cinco persoas afectadas tras un incendio nunha vivenda en Pas de Reis

Unha muller de 51 anos perdeu a vida e outra cinco persoas resultaron afectadas,...