InicioPolíticaO PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

O PP provincial sinala que esta estrada ten moitos puntos nos que é complicado circular ao non haber escapatorias ás fochancas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da Deputación arranxe de inmediato a estrada LU-P-1811, en Chantada, “totalmente estragada e insegura” e que tanto PSOE como BNG se negan a arranxar “desatendendo as reclamacións dos veciños”.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, recorda que hai poucas semanas que revisamos o estado desata estrada xunto ao alcalde de Chantada, Manuel Varela, e varios veciños, comprobando o “nefasto” estado de conservación desta vía

O PP provincial sinala que esta estrada ten moitos puntos nos que é complicado circular ao non haber escapatorias ás fochancas. “O primeiro que hai que facer é arranxar o firme, así como o desbroce da vexetación, a poda das árbores, a renovación da sinalización vertical, o repintado da sinalización horizontal e a limpeza das cunetas para garantir que se canaliza correctamente a auga e que esta non discorre polo firme”, afirmou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...