InicioCulturaO colectivo Egeria presenta o libro Lugopoética 2025 coas conversas organizadas pola...

O colectivo Egeria presenta o libro Lugopoética 2025 coas conversas organizadas pola UNED

Lugopoética naceu co obxectivo de dar visibilidade á ampla tradición poética lucense e achegar ao público tanto voces consolidadas como novos autores que destacan pola súa creación literaria en galego

PUBLICADA O

- Advertisement -

O salón de sesións da Casa do Concello de Lugo acolleu a presentación de Lugopoética 2025, unha publicación que recolle as conversas organizadas pola UNED e o colectivo Egeria con trece poetas das terras lucenses. O acto, presidido pola alcaldesa de Lugo, Elena Candia, contou coa participación do presidente de Egeria, Xulio Xiz; do coordinador dos encontros, Xosé Carlos Ulloa; da directora da UNED de Lugo, Ana Traseira; e do secretario xeral da Lingua, Valentín García.

A publicación recolle as achegas poéticas de Mar Ferreiro, Lucía López Cancio, Gustavo Enríquez, Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco, Ana Vila, Paco Ledo, Manuel Regal, Xosé Miguélez, Xoán Neira, Toño Núñez, Miguel Ángel Martínez Quintanar e Abraham Pérez. Tres destes poetas son alumnos da UNED; dous, forman parella; dous, son labregos; dous, cregos; dous, mestres e dous filósofos.

Durante a presentación participaron varios dos autores incluídos nesta edición, entre eles o concelleiro Gustavo Díaz. Ademais, a poetisa Ana Vila Portomeñe, autora dun poema dedicado á cidade de Lugo, entregou á alcaldesa esta composición enmarcada como mostra de homenaxe e afecto á cidade de Lugo.

Lugopoética naceu co obxectivo de dar visibilidade á ampla tradición poética lucense e achegar ao público tanto voces consolidadas como novos autores que destacan pola súa creación literaria en galego. Esta publicación recolle o contido dos encontros desenvolvidos ao longo do ano, que son retransmitidos e arquivados a través das plataformas da UNED

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...