InicioEconomíaA Deputación comeza o estendido na estrada que une Ferreira e Currelos,...

A Deputación comeza o estendido na estrada que une Ferreira e Currelos, na Ribeira Sacra

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A Deputación de Lugo vén de iniciar o estendido de aglomerado nas obras do firme que afectan a diferentes tramos de tres vías ao seu paso polos concellos do Saviñao, Pantón e Monforte de Lemos. Unhas obras nas que a institución provincial inviste 118.000€ e que está a executar a empresa FEVISA Vía e Obras SL. O proxecto abrangue actuacións de mellora do firme e da sinalización horizontal nas estradas LU-P-4102, LU-P-3202 e LU-P-3208, tres vías de relevancia para a mobilidade da zona sur da provincia e para a conexión entre parroquias e núcleos de poboación da Ribeira Sacra.

No caso da LU-P-4102, que comunica Ferreira con Currelos e enlaza a N-120 coa LU-611 á altura de Escairón, a Deputación actúa na mellora de preto dun quilómetro de firme a partir do punto quilométrico 12. Ademais, procederase á reposición das marcas viarias entre os puntos quilométricos 6,165 e 11,020. O proxecto contempla tamén a rehabilitación por tramos da LU-P-3202, entre Monforte de Lemos e O Saviñao, por Currelos. E da LU-P-3208, que une Seoane con Pol pasando por Cinsa.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

A Policía libera a unha muller retida polo seu compañeiro de piso en Lugo

Unha muller, que se atopaba retida polo seu compañeiro de piso, foi liberada por...

Plataforma cidadá contra unha posible moción de censura en Lugo

A posibilidade de que o Partido Popular impulse unha moción de censura en Lugo...