InicioCulturaO poemario "Agora, eu cariota" preséntase no Club de Lectura de Lugo

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

O evento terá lugar este sábado 18 a partir das 18:00 horas no Vello Cárcere, dentro da programación do Club de Lectura de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presentación do poemario “Agora, eu cariota” no Vello Cárcere de Lugo contará coa presenza da cantareira Branca Villares, unha das figuras máis senlleiras da música tradicional da provincia e experta en poesía de transmisión oral.

O acto está pensado como un diálogo entre os dous participantes e co público, fiado polo individual no colectivo e polas conexións entre poesía escrita e poesía oral, atravesado por recitados e coplas.

O POEMARIO

Co título Agora, eu cariota saiu á luz o primeiro poemario de Xosé Gago, editado por Laiovento baixo o selo de “VentoAlto”. O autor nútrese da súa experiencia no eido da xestión do patrimonio en comunidade, principalmente no concello da Pobra do Brollón. “O poemario está atravesado por unha reivindicación do comunitario, das redes de coidados e da veciñanza como elemento de resistencia”,comenta Gago. O libro conta co prólogo da poeta Susana Sanches Aríns e unha nota na contraportada do tamén poeta Xosé Mº Álvarez Cáccamo.

O volume nace tras anos intensos como técnico de Cultura e da reflexión a partir do seu propio traballo, experiencias vividas e aprendizaxes. Destaca a capacidade de creación de imaxes potentes a través de poemas curtos.

Estrutúrase en torno a varios capítulos. O capítulo central, “Ribeiranas“, está inspirado na experiencia profesional e persoal de Gago nas ribeiras do Sil en Trasmonte, onde participou no proxecto de xestión comunitaria do patrimonio Adegas da Memoria e onde acabou por facerse con viñedo. Así, a ribeira e o mundo da viticultura tradicional teñen un espazo esencial no poemario.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...