InicioLugo e contornaRábadeRábade presenta as actividades de conciliación para o verán

Rábade presenta as actividades de conciliación para o verán

As actividades están dirixidas a nenos e nenas de 3 a 16 anos e o prazo de inscrición desenvolverase do 4 ao 29 de maio

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Rábade dá a coñecer o Programa Corresponsabilidade, que inclúe as distintas actividades organizadas para os meses de xuño, xullo e agosto co obxectivo de facilitar a conciliación das familias durante o período de vacacións escolares.

As propostas están dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos. O prazo de inscrición desenvolverase do 4 ao 29 de maio. As solicitudes deberán formalizarse na área de Cultura e Deporte do Concello de Rábade. As prazas son limitadas.

As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 982 390 062 (extensión 1) ou no enderezo electrónico asociocultural@rabade.org.

O programa inclúe as seguintes actividades:

– Campus de patinaxe: cun custo de 30 euros, desenvolverase os días 22, 23, 25, 26 e 29 de xuño no pavillón municipal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Está dirixido a nenos e nenas de 3 a 16 anos.

– Campamento de verán: cun prezo de 40 euros, terá lugar do 6 ao 10 de xullo no Centro Sociocultural, en horario de 10:00 a 20:00 horas. Dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos.

– Campamento urbano: cun custo de 70 euros, desenvolverase do 29 de xuño ao 31 de xullo no Centro Sociocultural, en horario de 9:00 a 14:30 horas. Está dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos.

– Mocidade en acción: cun prezo de 15 euros, inclúe actividades o 25 de xuño (visita ao Aquapark de Cerceda) e o 7 de xullo (actividades en Viveiro). Dirixido a mozos e mozas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato.

– Aventuras Camp: cun custo de 40 euros, desenvolverase do 3 ao 14 de agosto no Centro Sociocultural, en horario de 9:00 a 14:30 horas. Dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos. No caso de participar tamén no campamento urbano, o prezo conxunto será de 100 euros.

– Coñecendo o Miño: actividade gratuíta que se desenvolverá do 1 de xullo ao 12 de agosto, os luns e mércores, en horario de 11:30 a 13:00 horas. Está dirixida a nenos e nenas de 8 a 16 anos.

As actividades desenvólvense en colaboración coa Xunta de Galicia e o Programa Corresponsables.

+ posts

ÚLTIMAS

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...