InicioSociedadeCastro Carballedo non falta á súa cita coa carne ao caldeiro

Castro Carballedo non falta á súa cita coa carne ao caldeiro

Será este domingo, 5 de abril, día no que tamén haberá Feira de produtos locais durante toda a xornada. Como actividades paralelas salientar un roteiro cultural, unha actuación de maxia para a cativada e música tradicional con 'Castro Candaz' de Chantada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Feira da Carne ao Caldeiro e Produtos Locais chega este ano á súa XXIII edición mantendo a liña de traballo e programa das anteriores, se ben, nesta ocasión non haberá pregón. Segundo indican dende a organización, estaba previsto que o fixera un veciño que está en Londres pero ao final non pode asistir.

Está prevista a asistencia de 12 postos de produtos locais e artesanía, contando ademais con dúas demostracións de artesanía en vivo ao longo da xornada dominical. A ambientación musical correrá a cargo do grupo tradicional de Chantada, ‘Castro Candaz’, e a actividade para a cativada, programada para as 17:00 h., consistirá nunha actuación de maxia a cargo do mago David Méndez.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...