O voceiro do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, amosouse moi crítico tras coñecer que “o gran éxito de Miguel Fernández son 9 meses de xestións para cambiar un tren de hora”, en referencia á última reunión mantida polo rexedor lucense en Madrid cos responsables de Renfe.
Antonio Ameijide denuncia que os lucenses “non gañamos ningunha conexión con Madrid” (seguimos con tres) e que “pese a que agora poderá chegarse antes á capital de España, seguimos instalados na imposibilidade dunha conexión real con Madrid no mesmo día ao seguir sen máis frecuencias nin posibilidade de volver ao final do día (volta ás 16:00 horas ou 17:00 horas, en función do día consultado)”
Segundo o PP, a proposta do goberno de Pedro Sánchez, co apoio do BNG, é que Lugo sexa a cidade peor conectada do norte de España, sen opcións de alta velocidade e sen conexións.
Lugo conta con 3 conexións diarias de ida e volta coa capital de España, fronte a outras cidades da contorna con moitas máis opcións:
-
Ourense: 11 conexións de ida y 11 conexións de volta.
-
Santiago: 11 conexións de ida y 11 conexións de volta.
-
León: 12 conexións de ida y 13 conexións de volta.
-
Zamora: 11 conexións de ida y 11 conexións de volta.
-
Vigo: 7 conexións de ida y 7 conexións de volta.
-
Oviedo: 6 conexións de ida y 6 conexións de volta.
Antonio Ameijide denuncia “estamos ante o enésimo insulto e ataque” do PSOE aos lucenses. “Ninguén pode entender como Miguel Fernández pode sorrir na foto ante un novo ataque á mobilidade dos lucenses”, criticou.
Os ‘populares’ destacan que a realidade é que Lugo estará sen tren que nos conecte con Madrid dende as 08.55 horas ata as 14:41 horas, case seis horas en total. “Seguimos igual de mal, o único que fan é adiantar o tren de media mañá”, sinalou.
“É certo que agora os lucenses poderemos realizar algunha xestión en Madrid ao dispor de máis horas no mesmo día ao adiantarse a chegada, pero segue sen ser suficiente, cómpre ter máis frecuencias, así como un horario de regreso máis tardía das 17:00 horas”, explicou.
Antonio Ameijide tamén criticou “as mentiras que dende Renfe, co aval do alcalde de Lugo, ofreceron aos medios de comunicación”. Dixeron que o último tren cara Lugo sae de Madrid no entorno das 19.00 horas, pero a realidade é que a páxina web indica (en todos os días consultados) que o derradeiro convoi de regreso parte as 17:10 horas (chegando a Lugo no entorno das 22:40 horas).
