InicioCulturaGala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

Gala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos XXIV Premios Mestre Mateo no auditorio Fuxan os Ventos, que por primeira vez reuniu en Lugo os galardóns máis importantes do audiovisual galego. Carmela López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual “por elixir a cidade das murallas como sede”, destacando a relevancia desta cita para visibilizar o talento local e apoiar a cultura e o audiovisual na provincia. Durante a gala felicitou aos premiados da noite e destacou “a forte presenza de artistas lucenses”, que evidencian “o bo momento que vive o sector audiovisual, un sector polo que apostamos desde a Deputación a través do noso Centro de Formación e onde vemos hoxe aquí moitas persoas que foron alumnos e alumnas nosos”, subliñou a Presidenta.

Entre os profesionais lucenses estiveron o músico do Valadouro Nuno Pico e o realizador cervense Xaime Miranda, responsables do videoclip Ontes fun moi malo, de Grande Amore, así como Fran Fórneas e Sergio Marey, do videoclip Ferido do Xoán. Tamén participaron a cantante de Ourol Sabela Ramil e a produtora Andrea Mesa, do videoclip Non cho podo dar, e o dúo Fillas de Cassandra, representadas por Sara Faro e María Pérez; e os burelense Breixo Llano parte do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, dirixida polo naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas da edición, con 14 nominacións, destacando entre as obras máis recoñecidas do audiovisual galego.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...