InicioEconomíaA presidenta da Deputación felicita a Bico de Xeado polo XXVI Premio...

A presidenta da Deputación felicita a Bico de Xeado polo XXVI Premio Aresa

Carmela López trasladou as súas felicitacións a esta empresa “que destaca polo seu modelo sostible e produtivo e que conta con máis de 30 xearías por todo o territorio nacional"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, participou este venres no acto de entrega do XXVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, que nesta edición distinguiu á cooperativa Bico de Xeado polo seu compromiso co campo galego e a súa contribución ao fortalecemento do sector primario. Este galardón, que está dotado cun premio de 10.000€ e que organiza conxuntamente o Grupo Aresa e a Universidade de Santiago de Compostela, entregouse no auditorio da Facultade de Veterinaria do campus lucense.

Carmela López trasladou as súas felicitacións a esta empresa “que destaca polo seu modelo sostible e produtivo e que conta con máis de 30 xearías por todo o territorio nacional. Ademais, ten unha cooperativa agraria que leva traballando no sector desde os anos 80 e conta xa con 30 cooperativas socias”. Nesta liña, a mandataria provincial realizou unha mención especial aos outros dous proxectos que resultaron finalistas desta vixésimo sexta edición recalcando que “Gandería Quintián e Hifas da Terra son tamén proxectos que reflexan o talento e a innovación que temos no rural galego”.

Así mesmo, a Presidenta da Deputación agradeceu “tanto á Universidade de Santiago de Compostela como ao Grupo Aresa a organización dunha nova edición deste galardón, que recoñece iniciativas que melloran o benestar da xente do rural, que impulsan o I+D+i no ámbito agrícola e que desenvolven a súa actividade respectando os recursos naturais e o medio ambiente”.

O xurado desta convocatoria, á que se presentaron once candidaturas, estivo conformado polo reitor da USC, Antonio López Díaz, o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco José Fraga López; a presidenta de Aresa, Carlota López Pardo; a CEO de Granja Campomayor, María García Busto; e o catedrático de Química Analítica, Carlos Herrero Latorre.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...