InicioSen categorizarO PP de Guitiriz denuncia que a alcaldesa cometeu irregularidades e pídelle...

O PP de Guitiriz denuncia que a alcaldesa cometeu irregularidades e pídelle explicacións

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os concelleiros do PP de Guitiriz denuncian que, tras pasar varios días despois de facer públicas as posibles irregularidades cometidas pola alcaldesa, “Marisol Morandeira continúa sen ofrecer ningunha explicación á veciñanza”.

O voceiro popular, José Manuel López Rodríguez, recorda que o pasado luns puxemos en coñecemento uns feitos de extrema gravidade, entre eles unha posible falsidade documental e o cobro de dietas por asistencia en dous lugares distintos ao mesmo tempo, separados por centos de quilómetros.

Uns feitos que, de confirmarse, suporían unha falta de respecto absoluta á institución e aos veciños de Guitiriz, así como unha vulneración da legalidade vixente.

“Lonxe de dar a cara e aclarar o sucedido, Marisol Morandeira semella máis preocupada por atopar unha escusa que lle permita xustificar o inxustificable que por asumir a súa responsabilidade política. O silencio mantido ata o de agora non fai máis que incrementar as dúbidas”, denunciou.

Ademais, José Manuel López Rodríguez sinala que “unicamente no pleno da Deputación de Lugo, a alcaldesa realizou algún tipo de comentario, insinuando que se conectou de maneira telemática á reunión da xunta de goberno de Guitiriz do 10 de decembro de 2025, a pesar de non figurar este extremo na acta da sesión”.

Pero, no caso de ser certo ese extremo, “esiximos que presente probas que o acrediten de maneira clara e verificable, tendo en conta que nesas datas se atopaba fóra do territorio nacional, polo que tampouco podería participar da reunión da xunta de goberno”.

Por outra banda, o PP sinala que a pesar de que a viaxe tivo unha duración de tres días, non se procedeu ao nomeamento dun alcalde accidental, tal e como establece a lexislación vixente cando o alcalde-presidente se ausenta do municipio por máis de 24 horas. “Marisol Morandeira tamén debería de explicar por que vulnerou esta normativa tamén”, explicou.

Tamén preguntan por que o secretario municipal non actuou de motu propio para garantir o cumprimento da legalidade e a normalidade institucional, nomeando un alcalde accidental.

Desde o Partido Popular de Guitiriz reiteran “a nosa esixencia de transparencia, responsabilidade e respecto ás institucións”. “Os veciños de Guitiriz merecen saber a verdade e recibir explicacións claras e documentadas. Non é admisible que, ante feitos desta gravidade, a resposta sexa o silencio”, critican.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...