InicioDeportesManu Barreiro subliña o estilo de xogo do Lugo e Jean Marie...

Manu Barreiro subliña o estilo de xogo do Lugo e Jean Marie Dongou marcha cedido ao Lleida Esportiu

Barreiro comentou que o Club Deportivo Lugo "sempre somete aos equipos rivais e son protagonistas dende o comezo", así como aclarou que é a "primeira oferta" que recibe do equipo lucense ao longo da súa carreira, mentres que Emilio Viqueira adiantou que "gran parte" do "traspaso" foi financiado polo propio Barreiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

O compostelán Manu Barreiro foi presentado este mediodía coma nova dianteiro do Club Deportivo Lugo até o 30 de xuño de 2022. Mentres tanto, o tamén dianteiro Jean Marie Dongou marcha cedido ao Lleida Esportiu até final de tempada con opción de compra se o equipo ilerdense ascende á La Liga 1|2|3.

Emilio Viqueira, director deportivo do Club Deportivo Lugo, recalcou que a operación de Manu Barreiro foi un “traspaso” e “gran parte do que paga” o Lugo é financiado polo propio Barreiro, segundo Viqueira.

O dianteiro compostelán Manu Barreiro afirmou que a operación foi un “pouco de sopetón, precipitada”. “Téñoo falado moito coa miña muller e rirnos. Sempre se dicía que tiven cada ano ofertas do Lugo e a primeira que teño é a que tiven de Emilio (Viqueira). Sempre me parecía raro porque nunca recibín oferta formal até este ano”, explicou sobre a súa fichaxe. Lembrou que coñece “a todos” os xogadores e viu “case todos” os partidos do equipo lucense nesta tempada.

Barreiro engadiu que quere “estar tranquilo, vir só adestrar pensando no fútbol”, algo que “non” tiña no Gimnàstic de Tarragona. Tamén engadiu que “o estilo de xogo” foi decisivo na súa fichaxe do Club Deportivo Lugo. “Sempre me gustou moito pola súa idea de xogo”, resumiu, non sin antes lembrar que é un conxunto que realiza moitos “centros” e el definiuse coma un “rematador”. “Eu síntome moi ben físicamente, nun dos meus mellores momentos tanto físico coma persoal”, describiuse.

Sobre o equipo, opinou que ten “inicios de partido moi, moi bos” e “podían ter algúns puntos máis”. “Sempre somete aos equipos rivais e son protagonistas dende o comezo”, resumiu.

A nivel individual, cre que pode aportar a súa “experiencia, un pouco de xogo aéreo” e é un xogador que lle “gusta combinar”.

Por outra banda, comentou que “sempre cando volvía a casa era especial”, aínda que tiña que “sofrer” porque os lucenses facían o campo “moi ancho e moi longo”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...