InicioSucesosO PP denuncia a vandalización dalgunhas sedes, unha delas a de Lugo

O PP denuncia a vandalización dalgunhas sedes, unha delas a de Lugo

"Esta forma de actuar non representa a Galicia. Isto é romper co respecto, a dignidade e a educación", sinalan os populares, que consideran que "o vandalismo non pode disfrazarse de activismo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular de Galicia condena a vandalización, durante a pasada noite, de varias das súas sedes locais e provinciais, coa pegada de carteis nas fachadas das mesmas e acusa á oposición galega de “estar cruzando liñas vermellas”.

As sedes vandalizadas foron, a lo menos, as de Ourense e Lugo, onde comparten espazo a cidade e a provincia, así como as de Santiago de Compostela, Gondomar ou Sada. Nalgúns casos, os feitos xa foron postos en coñecemento da Policía.

“Esta forma de actuar non representa a Galicia. Isto é romper co respecto, a dignidade e a educación”, sinalan os populares, que consideran que “o vandalismo non pode disfrazarse de activismo”.

Neste sentido, lamentan que a estratexia do independentismo galego baseada na “conflitividade social” estea traendo este tipo de consecuencias e piden á oposición que condene firmemente estes feitos. “Pretenden instaurar na nosa Comunidade un clima de confrontación e polarización, pero nós non estamos dispostos a entrar nese xogo”, sinalan.

“Galicia é unha terra tranquila, de sentidiño, e a nosa fortaleza está precisamente na estabilidade, a responsabilidade e a proposta, non neste tipo de actuacións”, subliñan desde o PPdeG, que xa veñen denunciando nos últimos meses o incremento das pintadas e cartelería en espazos públicos, “como se estes fosen da súa propiedade”, especialmente protagonizadas por Galiza Nova e visibles en numerosas rúas das vilas e cidades galegas.

Así, instan aos responsables destes feitos “a que fagan isto nos edificios da súa propiedade e non nas sedes doutros partidos ou nos espazos públicos”.

INICIATIVA NO PARLAMENTO GALEGO

De feito, os populares galegos xa levaron o pasado mes de setembro ao Parlamento de Galicia unha proposición non de lei para “rexeitar actitudes que buscan a apropiación dos espazos públicos mediante pintadas ou empapelados con símbolos e consignas de contido ideolóxico e partidista que representan actos vandálicos”. Uns actos que, argumentan, distan moito dunha “sociedade plural, libre, aberta, democrática e tolerante”.

Instan así a todas as forzas políticas a “non incorrer neste tipo de comportamentos e condenalos publicamente cando se produzan”, xa que estes feitos “non constitúen unha forma lexítima de expresión política, senón actos que vulneran a legalidade e o respecto pola convivencia cidadá”.

“Estas actitudes proxectan unha mensaxe negativa á sociedade e especialmente á xuventude, á que se debe educar na participación política libre, respectuosa e construtiva, afastada da imposición e do pensamento único e sempre dentro do marco democrático e legal”, conclúen.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...