InicioCulturaA gran afluencia leva a manter a mostra 'Boix, o fotógrafo de...

A gran afluencia leva a manter a mostra ‘Boix, o fotógrafo de Mauthausen’

O interese e o número de visitantes fan que o Concello e a ARMH continúen coa exposición do papel de Boix na condena do fascismo, con visitas guiadas, ata o 3 de febreiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A mostra sobre Francesc Boix continuará unha semana máis no Vello Cárcere, ata o 3 de febreiro. Esta exposición describe o periplo do fotógrafo represaliado que axudou a documentar os horrores de Mauthausen, sendo unha testemuña fundamental na condena dos líderes do fascismo. 

Dende a inauguración, o día 10 de xaneiro, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica realizou homenaxes a todos aqueles republicanos lucenses deportados a campos de exterminio trala Guerra Civil, e concretamente, a Rafael Pardo Vales (do Corgo) e os irmáns Vitorino e Aurelio Díaz Hortas (de Outeiro). Este último foi o único dos tres que saíu con vida de Mauthausen.

A ARMH continuará asemade coas visitas guiadas. Os vindeiros martes e xoves, 29 e 31 de xaneiro, ás 19.00 horas, a historiadora María Paz Fernández acompañará aos visitantes da mostra. 

A profesora María Paz Fernández, da ARMH | Óscar Bernárdez

A selección de imaxes, documentos e recompilacións históricas está acompañada do documental Boix, fotógrafo del infierno. Este traballo foi dirixido por Llorenc Adoitar, producido por Oriol Porta, e nel tamén participou o investigador Benito Bermejo. Documentado coas fotografías que  Boix conseguiu rescatar, inclúe o testemuño deste represaliado nos xuízos de Nüremberg. Conta con varias distincións, entre elas o Premio do Festival de Cinema histórico de Pessac, Francia; e foi candidato aos Premios  Emmy internacionais 2000.

A exposición poderase  poderase visitar todos os días da semana só en xornada de mañá, de 11:00 a 14:00 horas os luns, e tamén en xornada de tarde, de 17:30 a 20:30 horas os martes, mércores e domingos; de 17:30 a 23:00 horas os xoves e venres, e de 17:30 a 22:30 horas os sábados.

Así viviron os trinta e catro lucenses en Mauthausen

ÚLTIMAS

Así estafaron 265.000 euros a unha empresa de Lugo

Axentes da Garda Civil detiveron, no marco da operación 'Crepera', ao presunto autor dun...

Cortado un carril da A-6 en sentido a Lugo tras envorcar un camión á altura de Carballedo

O envorco dun camión na A-6 no quilómetro 461, á altura de Carballedo, obrigou...

A Audiencia de Lugo absolve a un acusado de violar á que era a súa parella, por contradicións e falta de credibilidade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acordou absolver a un mozo acusado de dous delitos...

O Camiño Francés recollerá firmas entre os peregrinos para frear o proxecto de Altri

O Camiño Francés, liderado pola Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago (FICS), anunciou o lanzamento dunha campaña internacional...