InicioA UlloaO PSdeG, "o partido dos veciños", confía en manter a Deputación de...

O PSdeG, “o partido dos veciños”, confía en manter a Deputación de Lugo

Álvaro Santos destaca que Darío Campos seguirá como presidente e avisa antes das municipais: "Van tratar de meter medo, de dividir, de enfrontar ou enganar con falsas enquisas"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PSdeG na provincia de Lugo confía en manter o goberno da Deputación, tras as próximas eleccións municipais, ao estar “en moi boa situación” para “recuperar e gañar alcaldías”. Como presidente provincial os socialistas situarían de novo a Darío Campos.

Así o avanzou o secretario xeral provincial, Álvaro Santos Ramos, no marco do IV Comité, celebrado este sábado, no que os socialistas con representación na Deputación, o Parlamento, o Congreso, o Senado e o Parlamento Europeo, expuxeron o traballo desenvolvido ata o momento. “Os socialistas demostraremos con feitos que sempre estamos cos veciños. Os lucenses volverán gañar”, asegurou.

Álvaro Santos suxeriu que antes das eleccións municipais “van tratar de meter medo, de dividir, de enfrontar ou enganar con falsas enquisas”, pero replicou que se atoparán coa “unidade do PSOE e co apoio dos veciños“.

INVESTIMENTOS

No transcurso do acto, o presidente da Deputación, Darío Campos, deu conta do traballo dos últimos anos no ente provincial, pondo en valor o gasto de “máis de 230 millóns de investimentos desde 2016” e de “outros 50 millóns co orzamento deste ano”.

“O PSOE converteu á Deputación no motor económico e social da provincia. Lideramos a obra pública con case 90 millóns e con 30 millóns os plans de xeración directa de emprego”, reivindicou, ademais de apuntar que a entidade colaborou con “máis de 2 millóns co conxunto do tecido asociativo social da provincia”.

Para Campos, o PSOE pode sentirse “orgulloso” de “ser responsable da maioría das actuacións” que chegaron á provincia, como a construción “dunha rede pública de residencias e centros de día”.

Pero os socialistas tamén puxeron o acento nos avances impulsados desde o actual executivo de Pedro Sánchez, que confrontaron con “os últimos 7 anos” nos que “o PP non fixo absolutamente nada desde o Goberno Central máis que quitar dereitos”.

Así, os socialistas lucenses destacaron a subida das pensións, a inclusión da orixe do leite na etiquetaxe, as melloras na N-VIN, N-120, N-634 ou N-642 ou o impulso á Autovía da Mariña “pondo a exposición pública o proxecto”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...