InicioDeportesNatxo Lezkano, sobre a visita de BAXI Manresa: "Para nós, é unha...

Natxo Lezkano, sobre a visita de BAXI Manresa: “Para nós, é unha final”

Respondeu que Ricardo Úriz "atópase ben a nivel da lesión e o único é que atope o estado de forma óptimo para xogar", pero "non" cre que xogue o sábado, aínda que "sí" espera que compita Lucio Redivo, baixa nas dúas pasadas xornadas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Natxo Lezkano, adestrador de Cafés Candelas Breogán, compareceu en rolda de prensa previa ao partido contra BAXI Manresa este sábado 26 de xaneiro no Pazo dos Deportes de Lugo a partir das 20:30 horas.

Opinou que Bàsquet Manresa “é un equipo que está a xogar moi ben toda a tempada, fixo unha gran primeira volta, mereceu estar na Copa, foi moi regular, incluso co troco de xogadores segue a ser moi regular, moi sólido, xoga moi forte en defensa, con moitas mans, con moito contacto, moito físico, moito oficio e en ataque aproveitando a velocidade dos seus xogadores para anotar canastras sinxelas ao contragolpe”. Engadiu que o base Gabriel Lundberg “está a moi bo nivel, é o seu motor”, “Ryan Toolson está enorme” e ficharon outro base coma Corey Fisher “con experiencia na liga”. Calificou o partido de “final”. 

Segundo Lezkano, Yankuba Sima, que adestrou co Breogán entre outubro e decembro e que agora é pivote de Manresa, “entrou nun equipo co que xa adestrara”, “chegou nun bo estado de forma porque estaba a adestrar aquí con regularidade” e “entrou nun equipo no que non había urxencias, estaba nunha boa dinámica”, “non con moita responsabilidade” e “el está a xogar ben”.

En canto a Ricardo Úriz, respondeu que “vai mellor, cada día un pouco mellor, atópase ben a nivel da lesión e o único é que atope o estado de forma óptimo para xogar”, pero “non” cre que xogue o sábado, aínda que “si” espera que compita Lucio Redivo, baixa por lesión nas dúas pasadas xornadas. En canto a Henk Norel, baixa por lesión dende pretempada, “segue co seu proceso de recuperación ao marxe do equipo”. “Creo que agora está mesmo lonxe de poder xogar polo que vexo”, engadiu.

“Estou moi satisfeito de que quede até final de tempada. Está moi ben a tódolos niveis. Estou agradecido á directiva. Dende o principio, contabamos coma se fora quedarse toda a tempada”, explicou sobre a renovación de Sergi Vidal.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco será o pregoeiro da XXIX Festa do Queixo de San Simón

Vilalba acolle esta fin de semana unha nova edición, e xa van vinte e...

Ofertan 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía do sector da alimentación de Lugo

Adecco publicou este mércores unha oferta de emprego de 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía...

Dous cabalos soltos en pleno centro de Lugo

A Policía Local de Lugo informou de que, o pasado 28 de marzo, localizou na Avenida...

Ferido un neno despois de ser atropelado en Baralla ao baixar do autobús escolar

Un neno resultou ferido este xoves ao sufrir un atropelo en Baralla. Segundo informou...