InicioDeportesOrest Lebedenko: "Gústame moito atacar"

Orest Lebedenko: “Gústame moito atacar”

O novo lateral esquerdo do Club Deportivo Lugo, que asina até o 30 de xuño de 2023, considera que "é o equipo perfecto para medrar" polo seu estilo de xogo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O ucraíno Orest Lebedenko foi presentado oficialmente este mediodía coma novo lateral esquerdo de Club Deportivo Lugo até o 30 de xuño de 2023.

Lebendeko describiuse coma “un xogador máis ofensivo que defensivo” e que lle “gusta moito atacar”. Explicou que falou co seu compatriota Vasyl Kravets e díxolle que “nin o dubidase”. Tamén comentou que viu “moito partidos do Lugo antes de tomar a decisión”, “é un equipo que xoga moi ben ao fútbol” e “é un equipo perfecto para medrar” polo estilo de xogo. Lembrou que “todo o mundo sabe que é un club familiar”. “O meu soño dende neno era xogar en España, estou moi emocionado”, afirmou.

O lateral esquerdo internacional sub 21 con Ucraína procede do Karpaty Lviv, equipo no que adestra agora o lucense “Fabri” González dende recentes datas. “Cadrei catro días con el. Díxome que viñera sen pensalo, é un gran club, unha gran cidade e, sobre todo, vas a comer moi ben alí”, declarou.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...