InicioDeportesToni Martínez opina que o Lugo "precisa dun dianteiro que remate eses...

Toni Martínez opina que o Lugo “precisa dun dianteiro que remate eses centros”

Valorou que o Lugo ten "moita chegada por banda, con moitos centros e precisa dun dianteiro que remate eses centros"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Toni Martínez foi presentado este mediodía coma nova dianteiro centro de Club Deportivo Lugo cedido polo West Ham United. O punta xogou a primeira volta co Rayo Majadahonda, co que marcou dous goles.

Toni Martínez describiuse: “Defínome coma un nove. Son un dianteiro centro. Gústame xogar de espaldas, gústame chegar ao área. Creo que son bon rematador. Gústame asociarme, tamén sei xogar fóra. Pero defínome coma un nove”. Valorou que o Lugo ten “moita chegada por banda, con moitos centros e precisa dun dianteiro que remate eses centros”. Subliñou “o proxecto, o xeito no que se xoga, a tranquilidade da cidade” coma razóns para fichar polo Lugo, así coma “un estadio e un club especiais”, segundo comprobou a pasada tempada cando veu xogar defendendo a camiseta do Real Valladolid.

Analizou que o Rayo Majadahonda, vindeiro rival do Lugo e o equipo do que procede, que “lle gusta ter balón, gústalle ir avanzando con el, tivo falta de gol, pero tampouco se agocha”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...