InicioDeportesUn meritorio Lugo sofre a pegada do Málaga (2-1)

Un meritorio Lugo sofre a pegada do Málaga (2-1)

Os lucenses foron sólidos e dominaron a primeira metade despois do tempraneiro golazo de "Josete" Malagón, pero sofreron a igualada do Málaga no minuto 51, a expulsión do propio "Josete" e o segundo gol de Jack Harper pese a que os galegos chegaron a crear dúas claras ocasións en saques de esquina nas postrimerías do partido

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo perdeu contra o Málaga C.F. (2-1) despois dunha primeira metade onde se adiantou cedo cun golazo de “Josete” Malagón no minuto 8 ao aproveitar unha indecisión do porteiro Munir Mohand despois dun saque de esquina e marcar un gol á reviravolta con pouco ángulo. Na primeira parte, o equipo lucense foi superior, apenas sofreu defensivamente, tivo máis chegadas e controlou maioritariamente o xogo. O Málaga só inquedou na primeira metade nunha falta directa botada por David Lombán que desviou Juan Carlos Martín preto do primeiro pau.

Na segunda metade, o Málaga empatou no minuto 50 nunha xogada elaborada, na primeira realmente do partido por parte dos andaluces, nun centro de Federico Ricca, prolonga Gustavo Blanco Leschuk e Adrián González marcou a bocaxarro. Dous minutos despois, o Lugo tivo unha opción nun golpeo de rosca de Eduard Campabadal que marchou excesivamente lonxe. O Málaga apenas xeraba. Iso sí, no minuto 64 Miguel “Cifu” tivo un contragolpe finalizado alto. No minuto 70, “Josete” foi expulsado despois dun cruce en falta a Gustavo Blanco Leschuk. Dous minutos despois, Lombán tivo unha nova falta directa que saiu alta. E, no 79, o 2-1. Cristian Herrera perde un balón, Federico Ricca centra e Jack Harper cabeceou cruzado a gol. Dende aí, o Lugo buscou o empate. No minuto 81, saque de esquina de Antonio Campillo que cabecea Iriome González, pero Munir Mohand desviou nunha acertada intervención. E xa no desconto, Campillo lanza un novo saque de esquina, Miguel Vieira prolonga e Cristian Herrera non foi quen de rematar no segundo pau nunha xogada na que hai un posible penalti por posible man de Jack Harper.

ÚLTIMAS

Ingresa en prisión un vilalbés acusado de malos tratos que se cambiou de xénero no rexistro para eludir a pena

Un vilalbés con varias causas por malos tratos e que cambiou de xénero no...

Comezan as obras de desdobre do último tramo da avenida Infanta Elena en Lugo

As obras que completarán o desdobre e humanización dos 2,7 quilómetros da Avenida Infanta...

Tomé e Castro presentan o número máximo de avais para dirixir o PSOE provincial

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o edil de Paradela Iván Castro presentaron...

Condenados 8 ultras participantes nunha pelexa na previa do Lugo-Ponferradina de 2023

O Xulgado de Instrución nº1 de Lugo condenou este luns aos oito ultras investigados pola súa...