InicioDeportesNatxo Lezkano reflexiona que o Breogán ten as vitorias "previstas, incluso por...

Natxo Lezkano reflexiona que o Breogán ten as vitorias “previstas, incluso por riba”

Opinou que Valencia Basket ten un "ataque moi, moi compensado, saben ao que xogan, circulan moi ben o balón" e é un rival "cada vez mellor en defensa"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Natxo Lezkano, adestrador de Cafés Candelas Breogán, afirmou que o Breogán está “agora mesmo nas contas” de vitorias que tiñan “previstas a comezo de tempada, incluso por riba” do que puideron “pensar nalgún momento coas lesións”. Opinou que contan “cunha dose de confianza boa no traballo” que están a facer.

O técnico breoganista afirmou que Lucio Redivo “aínda non entrou na dinámica de equipo, está pouco a pouco”. “A día de hoxe, non está para xogar”, sentenciou. No caso de Ricardo Úriz, “segue co proceso de integración na dinámica do equipo, pero aínda non está para xogar”. Pola súa banda, Emir Sulejmanovic, que xogou as dúas últimas xornadas, “vai mellorando” da súa dor.

Sobre o Valencia Basket, vindeiro rival este domingo no Pazo dos Deportes de Lugo a partir das 17 horas na derradeira xornada da primeira volta, reflexionou que “é un equipo top“, que “vai a máis, gañou nove dos últimos dez partidos”, cun “ataque moi, moi compensado, saben ao que xogan, circulan moi ben o balón” e “cada vez mellor en defensa”. Sobre o pivote Bojan Dubljević, explicou que “é un dos mellores tres” pivotes da Liga Endesa, é unha “referencia” por dentro e ten capacidade para “abrirse e tirar”.

“Imos ver se podemos controlar o rebote, se isto nos pode axudar a manter un ritmo alegre, non un ritmo de correr todo o rato, pero si vivo. Tentar que non tiren demasiado de tres puntos“, contestou sobre as claves para poder gañar a Valencia Basket.

Valorou que “Tadija Dragićević vai aclimatarse rápido porque sabe xogar, ten experiencia en Europa, sabe como se xoga aquí”, mentres que “Elijah Millsap ten facilidade para facer certas cousas, mais aínda arrastra moitos dos vicios entre aspas do baloncesto americano, sobre todo, da D-League”.

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...