InicioDeportesNatxo Lezkano cifra en "12, 13, 14" as vitorias precisas para a...

Natxo Lezkano cifra en “12, 13, 14” as vitorias precisas para a permanencia

O primeiro adestrador breoganista adiantou que Christian Díaz está a sofrer un "proceso gripal", Salva Arco "tamén estivo" e Lucio Redivo "está dorido" e deberán decidir se o escolta arxentino viaxa ou non a Barcelona

PUBLICADA O

- Advertisement -

Natxo Lezkano, primeiro adestrador de Cafés Candelas Breogán, compareceu na rolda de prensa previa ao partido contra o Fútbol Club Barcelona o domingo 13 de xaneiro no Palau Blaugrana a partir das 20:30 horas na decimosexta xornada da Liga Endesa.

Lezkano adiantou que Christian Díaz “está enfermo, non adestrou ningún día, está cun proceso gripal; Salva Arco tamén estivo (con gripe), agora está un pouquiño mellor” e Lucio Redivo “esta semana está dorido”. “Estámonos a plantexar que viaxe co equipo ou non”, comentou sobre Redivo. “Estamos a ser prudentes, seguindo as recomendacións do servizo médico, estase a integrar pouco a pouco no equipo, está a facer algún exercicio co grupo”, contestou sobre o base Ricardo Úriz. “Non prevexo que vaia xogar a moi curto prazo, pero xa se ve un pouco a luz ao final do túnel”.

O primeiro adestrador breoganista cifrou en “12, 13, 14” as vitorias precisas para a permanencia.

Valorou que o Barça “ten o mesmo corpo técnico que a tempada pasada e a continuidade sempre é boa, así como unha base de xogadores” e “están a un gran nivel”. Comentou que “defenden moi ben, apenas permite tiros cómodos, sobre todo tiros preto da canastra, protexen moi ben o seu aro, son un equipo moi físico, cunha mentalidade defensiva importante, moi atentos a liñas de pase” e subliñou que “son o mellor equipo da liga en rebote ofensivo”, así como “dous bases nun estado de forma boísimo”. Engadiu que “teñen que darse uns circunstancias moi concretas para poder gañar”.

Pola súa banda, Tadija Dragićević, ala-pivote breoganista que debutou na pasada xornada, foi valorado do seguinte xeito por Quique Fraga, director deportivo do Breogán: “É un catro, un xogador polivalente, pode facer moitas cousas en ataque e ten experiencia dabondo para axudar no obxectivo, que é a salvación”.

Dragićević afirmou que o equipo lucense é “un histórico” e nunha “liga moi boa coma é a ACB”. Comentou que Nikola Lončar, ex xogador do Breogán, e Aleksandar Cvetkovic, actual base-escolta breoganista, déronlle “moi boa información sobre o club e a cidade”. Engadiu que está a “desfrutar moito co pavillón”. “Podo abrir o campo, sobre todo, podo xogar tamén no poste baixo, podo penetrar, son bo pasador”, describiuse.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...