InicioDeportesFernando Seoane: "O equipo xa ten outra pinta"

Fernando Seoane: “O equipo xa ten outra pinta”

O segundo capitán albivermello opinou que coa chegada de Alberto Jiménez Monteagudo coma novo primeiro adestrador "aí sí" melloraron "de verdade", así como reflexionou que o Dépor "ten moita xente por dentro" e "son moi bos"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Fernando Seoane, mediocentro e segundo capitán do Club Deportivo Lugo, compareceu en rolda de prensa previa ao partido contra o R.C. Deportivo da Coruña o domingo no estadio de Riazor a partir das 17:30 horas da decimonovena xornada de La Liga 1|2|3.

Seoane afirmou que o equipo está “nun bo momento” e adestraron “moi ben” despois do parón polo Nadal. “Imos con esa idea, de seguir ese liña, imos gañar”, declarou. Calificou coma “un pouco irregular” a traxectoria do equipo. Considera que, co cambio de adestrador e a chegada de Alberto Jiménez Monteagudo en sustitución de Javi López, “aí sí” melloraron “de verdade” e “o equipo xa ten outra pinta”. 

A nivel persoal, respondeu que “onte estaba bastanche chungo”, pero “hoxe” adestrou “normal, un pouco canso, pero ben”. “Vou a mellor”, adiantou.

En canto a Carlos Pita, explicou que “adestrou normal estes días, xa fixo todo”. “É unha gran nova para todos, vainos axudar no que o míster decida”, opinou. Lembrou que “son moitos anos xuntos, moitos partidos xuntos”. “Enténdemonos case sen mirar”, comentou.

Os centrais titulares Miguel Vieira e “Josete” Malagón, baixas o domingo por sanción, estaban “nun momento moi bo”, pero os posibles sustitutos están cunhas “gañas enormes”.

Sobre o Dépor, subliñou que “son moi bos” e “teñen moita xente por dentro”. Reflexionou que deberán “estar lúcidos e acertados, estar moi ben con balón e, sobre todo, aproveitar as ocasións”. “Ogallá haxa unha boa entrada, que a xente de aquí se anime a ir e que se viva un bo ambiente de respecto”, declarou.

Lembrou que o partido entre o Dépor e o Lugo na tempada 2013-2014 en Riazor (0-0) “foi un partido bonito”, “un partido moi bo, bastante bo, bastante entretido”.

 

 

 

 

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...